A actuación permitiu acondicionar un treito moi utilizado pola veciñanza e reforzar a seguridade viaria neste núcleo
Cervo, 21 de xaneiro, 2026. O Concello de Cervo executou unha mellora no camiño situado no lugar da Praza, na parroquia de Castelo, unha intervención financiada con fondos municipais e que permitiu acondicionar un treito moi empregado polos veciños e veciñas da zona que conduce á fonte de Xan Ramos, moi utilizada pola veciñanza, e que agora resulta máis cómodo e accesible para o seu uso diario.
O camiño, que presentaba desgaste polo uso continuado, conta cunha lonxitude aproximada de 130 metros e un ancho medio de 3 metros, o que supón unha superficie próxima aos 390 m². Os traballos centráronse na limpeza e preparación do firme e na aplicación dunha nova capa de rodadura mediante rego asfáltico, coa finalidade de mellorar a comodidade e a seguridade do tránsito, tanto peonil como de vehículos. Ademais, realizáronse tarefas de acondicionamento xeral da contorna para garantir unha mellor drenaxe e prolongar a durabilidade da actuación.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, desprazouse ata o lugar acompañada do edil Adrián Arias e do pedáneo da zona, Jesús Otero, para supervisar os labores. A rexedora destacou que “esta é unha mellora que os propios veciños de Castelo viñan demandando, e que permitirá contar cun acceso en mellores condicións, máis seguro e máis cómodo para o uso diario, especialmente a un punto tan empregado como a fonte de Xan Ramos”.
Engadiu tamén que “desde o Concello imos seguir traballando en Castelo na mellora de pequenos camiños e de diferentes vías nesta parroquia, e en xeral no noso rural, “apostando por seguir atendendo cada punto do noso municipio, con especial atención a aqueles tramos pequenos pero moi utilizados, porque son fundamentais para o día a día da xente, da veciñanza”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



