Viveiro, 21 de xaneiro, 2026. Unha vez publicada xa a nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal, e co obxectivo de mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos, vanse a desenvolver tres xornadas informativas de carácter aberto.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha unhas xornadas informativas sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.
Estes espazos pretenden dar as claves para a elaboración dun bo proxecto, proporcionando información sobre a estratexia do GALP e o procedemento administrativo de concesión de axudas. Diríxense ao tecido empresarial do territorio, con especial fincapé nas entidades do sector pesqueiro, e tamén a concellos, asociacións ou outros colectivos e persoas interesadas da zona pesqueira.
Os xornadas vanse a desenvolver nos seguintes días e localizacións:
1. Burela. Salón de Actos ABSA Porto Pesqueiro. Martes 27 de xaneiro de 2026. 16:30 a 19:30 horas.
2. Cedeira. Confraría de Cedeira. Xoves 29 de xaneiro de 2026. 10:30 a 13:30 horas.
3. Viveiro. Salón de Actos Puerto de Celeiro. Venres 30 de Xaneiro de 2025. 16:30 a 19:30 horas.
O programa de traballo centrarase en abordar os seguintes contidos:
1. A estratexia do GALP e o proceso de valoración e selección dos proxectos.
2. O procedemento administrativo de concesión de axudas: operacións financiables, requisitos, documentación necesaria, fases do procedemento,…
3. Aspectos prácticos na cobertura da memoria do proxecto e o plan económico.
O obradoiros ofrecerán unha visión práctica para que os potenciais promotores teñan as ferramentas necesarias para que os seus proxectos acaden financiamento do FEMPA.
Para obter máis información, pódese contactar co GALP A Mariña-Ortegal.
galp.marina.ortegal@xunta.gal
982 563 355






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



