Lugo, 31 de outubro de 2024. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, recibiu esta tarde a Óscar Rodríguez de Vivero ao que felicitou polos seus recentes éxitos en campionatos de orato... Ler máis
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou hoxe no Hula que son persoas de entre 70 e 79 anos e poderán participar nun ensaio coa vacina antigripal de protección reforza... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se retirarán árbores caídas e se despexará a canle para permitir que as augas circulen con fluidez Lourenzá, 25 de outubro de 2024.... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que “reivindica a tradición cabalar desta zona -afirmou-, ao tempo que se converte en reclamo turístico... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o financiamento serviu para acondicionar dotacións de ocio e deportivas, unha vivenda social ou varios camiños, entre outras actuac... Ler máis
Os municipios beneficiarios son Monforte de Lemos, Carballedo, Quiroga, Cervantes, Navia de Suarna, Burela, Portomarín, O Incio e Guntín Lugo, 22 de outubro de 2024. A Xunta destinará case 1... Ler máis
Mondoñedo, 17 de outubro de 2024. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á baixada dos c... Ler máis
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, clausurou hoxe as Xornadas Capacita 2024 Lugo, 16 de outubro de 2024. A... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, visitou as instalacións da firma lucense Himikode para coñecer unha novedosa solución tecnolóxica orientada á industria alimentaria do sector do café, q... Ler máis
Lugo, 14 de outubro de 2024. A Xunta de Galicia patrocina o concerto que ofrecerá Isabel Aaiún en Mondoñedo o vindeiro sábado. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que esta... Ler máis
O Valadouro, 9 de outubro de 2024. A Xunta de Galicia apoia a Feira do Mel do Valadouro, que se celebrará o vindeiro sábado, día 12, reunindo postos de venda e unha variada oferta de activid... Ler máis
Os traballos presentados optan a premios económicos e a oportunidades de promoción en exposicións e diferentes eventos Lugo, 7 de outubro de 2024. A Xunta mantén aberto ata o xoves 10 de out... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación executouse en dous treitos da estrada, o que une as travesías de Castroverde e O Cádavo e o que transcorre entre A Lastra e A Fo... Ler máis
Lugo, 3 de outubro de 2024.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lamenta que o alcalde de Trabada se esqueza da Xunta de Galicia nas visitas que vén de realizar a actuació... Ler máis
A portavoz do PP engade que “tamén reclamaremos que se cumpran as iniciativas recollidas no acordo programático entre o PSOE e XViveiro” Viveiro, 2 de outubro de 2024. A portavoz do PP de Vi... Ler máis
Lugo, 27 de setembro de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello do Valadouro onde se reuniu co novo alcalde, Jos... Ler máis
Lugo, 24 de setembro de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión con representantes do Concello de Mondoñedo e da asociación xuvenil Xoldra aos que l... Ler máis
A Mariña, 23 de setembro de 2024. O próximo 5 de outubro arrinca a quinta edición do programa de rutas e visitas guiadas en torno á cultura e natureza dos 16 concellos da Mariña Lucense. Bai... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dalgunhas das actuacións, que se executan en sete parroquias ao abeiro do Plan Marco da Consellería do Medio Rural Lugo, 1... Ler máis
En total benefician a 40 persoas desempregadas que reciben formación relacionada coa xardinería ao tempo que desempeñan un traballo remunerado Burela, 17 de setembro de 2024. O delegado terr... Ler máis
Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús deseñados para esta campaña, estadías e actividades complementarias como visitas culturais, roteiros de sendeiri... Ler máis
Mondoñedo , 15 de setembro de 2024. O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañados polo delegado territorial da Xunta... Ler máis
O delegado territorial destacou a aposta do Goberno galego por “igualar as condicións do ensino en todo o territorio” con novas medidas organizativas e coas melloras que executa este ano en... Ler máis
Lugo, 11 de setembro de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro, mantiveron hoxe unha reunión de traballo na Delegación Territo... Ler máis
Os talleres duais perseguen mellorar a empregabilidade dos participantes ao tempo que conlevan a mellora das dotacións públicas e a prestación de servizos de interese xeral no ámbito local L... Ler máis
Fináncianse cunha contía de entre 28.000 e 31.000 euros por cada técnico incorporado a tempo completo Lugo, 13 de agosto de 2024. A Xunta financia con 933.500 euros a contratación de 32 orie... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento, que este ano conmemorará ademais o 50 aniversario da declaración do mosteiro de Vilanova de Lourenzá... Ler máis


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



