O Valadouro, 8 de xuño, 2022. No día de hoxe asinouse o convenio entre o Concello de O Valadouro e a Asociación Ecuestre Cabaleiros do Ouro para a cesión a esta da Pista de Andadura, situada... Ler máis
Lugo, 12 de maio de 2022. A colaboración da área de Medio Rural da Deputación de Lugo e do Concello do Valadouro ratificouse cun convenio asinado pola deputada Mónica Freire e o tenente alca... Ler máis
O Valadouro, 25 de marzo de 2022. Na tarde d venres, 19 de marzo, o edís nacionalistas do concello do Valadouro, Eduardo Chao (área de cultura) e Eliseo Teijeiro (área de deportes) presentar... Ler máis
O Valadouro, venres 4 de febreiro de 2022. Desde o o BNG de O Valadouro-Alfoz comparten a preocupación suscitada entre a veciñanza polo proxecto de “Central Hidroeléctrica Reversible “Xistra... Ler máis
Lugo, 3 de febreiro de 2022. O Valadouro celebrará este sábado a Feira de Razas Autóctonas da Mariña, co apoio da área de Medio Rural da Deputación de Lugo. A deputada Mónica Freire e o tene... Ler máis
O Valadouro, 18 decembro 2021. Na mañá de hoxe o deputado mariñao do BNG Daniel Castro reuníuse cos representantes nacionalistas do Valadouro, que lle trasladaron a situación de boicot e par... Ler máis
O Valadouro, 16 de decembro, 2021. O edil nacionalista Eduardo Chao continúa coa programación cultural semanal para todos os públicos no concello do Valadouro. Nesta ocasión, o sábado 18 de... Ler máis
O Valadouro, 16 de outubro 2021. Despois do pleno celebrado o venres 1 de outubro no que o PP, a concelleira de Udival e a concelleira díscola do Psoe rexeitaran a proposta do tenente de alc... Ler máis
Ferreira do Valadouro, 24 de setembro de 2021. O deputado de Deportes, Efrén Castro, reuniuse este venres co tenente de alcalde do Valadouro, Eduardo Chao, e co concelleiro de Deportes, Elis... Ler máis
O Valadouro, 3 de setembro 2021. A raíz do acordo asinado a finais de xullo entre Psoe e Bng, no pleno de ontes efectivizouse a entrada dos nacionalistas no goberno municipal, no que Eduardo... Ler máis
O Valadouro, xoves 29 de xullo de 2021. Os grupos municipais do PSdeG-Psoe e o BNG no concello de O Valadouro venen de asinar un acordo de goberno para o período 2021-2023, ata o remate do p... Ler máis
















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



