Foz, 21 de xaneiro de 2023. O Concello focego e a asociación O noso Foz anuncian que a cea de coroación da raíña do Entroido celebrarase o día 11 de febreiro e a Festa do Berberecho será o 1... Ler máis
Foz, 18 de febreiro, 2022. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 27 de febreiro a partir das 20:30 h, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición... Ler máis
Foz, 17 de febreiro de 2022. A organización do Entroido de Foz continúa avanzando e abre as inscricións para o seu desfile, que se celebrará o sábado 26. Ata o día 22 de febreiro ás 14.00 ho... Ler máis
Foz, 12 de febreiro, 2022. A comisión de festas o Noso Foz e o Concello de Foz continúan traballando para que a edición 40 do seu desfile sexa a máis especial a pesar das medidas sanitarias... Ler máis
Foz, 30 de xaneiro, 2022. Este documental, que se estreará o vindeiro 20 de febreiro, una semana antes do desfile do Entroido 2022, é unha das actividades programadas para a edición especial... Ler máis
Foz, 26 de xaneiro de 2022. O Concello de Foz levará a aprobación ao próximo pleno da corporación municipal, que se celebrará o 3 de febreiro, a presentación do expediente para a declaración... Ler máis
Foz, 18 de novembro de 2021. A asociación O Noso Foz e o Concello están dando as últimas pinceladas á gala que este sábado, día 20, dará a coñecer o nome do rei do Entroido de Foz. A xornada... Ler máis
Foz, 15 de febreiro de 2021. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “continúa a programación disposta para a edición XXXIX e ¾ do Carnaval máis grande de Galicia, o de Foz,... Ler máis
Foz, 11 de febreiro de 2021. O Concello de Foz está a ultimar os preparativos para a celebración deste Entroido diferente, que terá revista, vídeo conmemorativo, baile do farolillo nas casa... Ler máis
Foz, 17 de outubro de 2019. A elección da raíña ou rei do Entroido de Foz 2020 farase nun acto público, no que votarán os membros do xurado e o público asistente. O prazo de presentación de... Ler máis
Á convocatoria do Concello de Foz presentáronse nove persoas, oito mulleres e un home, dos que cinco xa optaban por terceira vez, entre eles a elixida. Ler máis






















A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



