A Mariña, 23 de xullo, 2025. Ecoloxistas en Acción solicitou a Portos do Estado e á Consellería de Medio Ambiente que recurran, como órganos competentes para establecer recursos administrati... Ler máis
Ribadeo, 1 de abril, 2024. Augas de Galicia comunicou á asociación Por Nuestro Faro a resolución na que se comunica a legalización da fosa séptica da Illa Pancha. Nove anos despois de poñers... Ler máis
Ribadeo, 13 de decembro, 2023. Por Nuestro Faro lamenta a presenza de Laureano Oubiña na Illa Pancha. “Acabamos de saber que Laureano Oubiña vén promocionar o seu libro «Desmontando Fa... Ler máis
Nestas andainas saudables e sociais participan persoas de todas as idades. Desenvólvense desde finais do ano 2021 os martes e os xoves. Agora durante o verán mudaron de horario e as saídas t... Ler máis
Ribadeo, 24 de maio, 202. A asociación Por Nuestro Faro contactou con Greenpeace para pedirlle que interveña na situación irregular da illa Pancha. Lembremos que Ecoloxistas en Acción xa ten... Ler máis
Ribadeo, 5 de maio de 2023. O alcalde, Fernando Suárez, advirte que desde o Concello non se darán permisos que non cumpran coas leis e que limiten os accesos públicos a espazos públicos. Des... Ler máis
Ribadeo, 26 de abril de 2023. A xustiza ven de desestimar e arquivar a denuncia por posible ilícito penal presentada hai unhas semanas contra o alcalde, Fernando Suárez, e contra o concellei... Ler máis
Ribadeo, 14 de abril de 2023. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, referiuse hoxe á estrada que vai desde a praia de Rocas ata a Illa Pancha, que é titularidade da Autoridade Portuaria Fer... Ler máis
A intervención, que está previsto que se licite este verán, conta cun orzamento de máis 90.000 euros e poderá entrar en servizo a principios de 2024 Ferrol, 3 de abril de 2023. A Autoridade... Ler máis
Ribadeo, 17 de febreiro, 2023. Esta semana a asociación veciñal «Por Nuestro Faro» recibiu unha nova resolución do Defensor del Pueblo onde volve a insistir, por séptima vez, na situación de... Ler máis
Ribadeo, 8 de febreiro de 2023. O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo da sentenza ditada polo TSXG na que rexeita que o Concello indemnice á empresa que xestiona os apartam... Ler máis
Ribadeo, 13 de xaneiro de 2023. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o acceso ao dominio público da Illa Pancha ten que estar aberto porque así o di lei e así o referendou a xustiza. Oper... Ler máis
Ribadeo, 3 de xaneiro, 2023. A asociación de veciños «Por Nuestro Faro» dirixiuse hoxe ao Concello de Ribadeo para pedir que se inicien os trámites para que certas partes do faro de Illa Pan... Ler máis
Ribadeo, 16 de novembro, 2022. Na sede electrónica do Concello acumúlanse os correos sen resposta que a asociación de Veciños «Por Nuestro Faro» lle ten dirixido ao alcalde, con datas como 2... Ler máis
Ribadeo, 16 de novembro de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a inadmisión a trámite por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do recurso de casación prese... Ler máis
Ribadeo, 5 de outubro, 2022. E imposible para Xunta de Galicia, Portos e Concello de Ribadeo respostar a unha pregunta sinxela. Véxamos deseguido por que dicimos esto. O día 2 de novembro de... Ler máis
Ribadeo, 17 de agosto, 2022. Dado que o Concello de Ribadeo está publicando notas con información sesgada sobre o asunto do Faro e da Illa Pancha vémonos na obriga de clarexar algúns puntos... Ler máis
Ribadeo, 12 de agosto de 2022. Nun escrito enviado este venres á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao o alcalde, Fernando Suárez, esíxelle a ese organismo que adopte dunha vez por todas as... Ler máis
Ribadeo, 11 de agosto, 2022. Ao longo deste proceso de concesión dunha licenza para explotar de forma privada unha parte da Illa Pancha, a prudencia foi a guía que orientou a actuación do go... Ler máis
Ribadeo, 5 de agosto, 2022. Dende a AVV Por Nuestro Faro acollemos con satisfacción a nova que hoxe transmiten os medios sobre a rectificación da Autoridade Portuaria en relación ó acceso da... Ler máis
Ribadeo, 5 de agosto de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, celebra que a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao se comprometa a garantir o acceso libre e público á Illa Pancha. Algúns turista... Ler máis
Ribadeo, 13 de abril de 2022. A Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG ven de desestimar o recurso de apelación presentado pola empresa Eirobra A Mariña SL, concesiona... Ler máis
Ribadeo, 6 de outubro, 2021. Nas últimas semanas a Asociación Vecinal «Polo noso Faro» dirixiuse a diferentes entidades: Defensor do Pobo, Concello de Ribadeo, Autoridade Portuaria. Nun prin... Ler máis
Ribadeo, 14 de febreiro, 2021. Veciños e veciñas de Ribadeo preocupados polo uso da illa Pancha por unha empresa privada para apartamentos turísticos da illa Pancha constituíronse no colecti... Ler máis


















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



