Ribadeo, 3 de xuño de 2021. O Concello acondicionará o espazo que ocupa a antiga Estación do Tren Mineiro de Ribadeo-Vilaoudriz e as súas inmediacións para convertelo nun lugar de uso públic... Ler máis
Ribadeo, 20 de maio de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, salienta o importante esforzo económico que está a facer o Concello para reforzar o persoal de cara á tempada estival. En total son 4... Ler máis
Ribadeo, 19 de maio de 2021. En Ribadeo deu comezo esta mañá o curso preparatorio para os exames de Competencias Clave Nivel 2, que se celebrarán a finais de xuño en Silleda. 16 persoas asis... Ler máis
Ribadeo, 14 de maio de 2021. Nun dos plenos celebrados onte no Concello de Ribadeo foi rexeitada a creación da comisión proposta polo PP sobre a herdanza de Francisco Moreda, que se vai dest... Ler máis
RIBADEO .- A nova de que non se construirá unha nave no porto de Mirasol non colleu de sorpresa o alcalde ribadense, Fernando Suarez, que afirmou que “coma alcalde e actuando coma voce... Ler máis
RIBADEO.- A comisión de Urbanismo do concello de Ribadeo abordará a o expediente de petición de Area de Rehabilitación Integral para a parroquia de Rinlo; tratase de potenciar as “súas... Ler máis



















Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



