Ribadeo, 11 de febreiro de 2022. Concello e ACISA Ribadeo, que asumen neste 2022 a organización do Entroido ao non haber unha comisión veciñal que se faga cargo do evento, presentan o cartel... Ler máis
Ribadeo, 8 de febreiro de 2022. A asemblea xeral ordinaria de Acisa deste 2022 celebrarase no Cinema Teatro o próximo 24 de marzo, tal e como acordou a xunta directiva na súa última reunión.... Ler máis
Ribadeo, 4 de febreiro de 2022. Namórate do Comercio de Ribadeo é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o Día de San Valentín neste 20... Ler máis
Ribadeo, 1 de febreiro de 2022. Acisa e Gasóleos Abelleira poñen en marcha unha nova edición da campaña de apoio aos negocios locais asociados. Trátase de 50.000 tarxetas cun desconto de 0,1... Ler máis
Ribadeo, 27 de xaneiro de 2022. Acisa pide responsabilidades polo corte de luz que se produciu esta mediodía en Ribadeo. A patronal ribadense agarda que Viesgo e Begasa lles expliquen aos em... Ler máis
Ribadeo, 21 de xaneiro de 2022. Última xornada de traballo da delegación, conformada por Concello de Ribadeo e Acisa, que estes días fai promoción dos potenciais turísticos ribadenses en Fit... Ler máis
Ribadeo, 19 de xaneiro de 2021. Concello de Ribadeo e Acisa mantiveron nas últimas horas unha xuntanza para abordar os próximos meses de traballo conxunto en diferentes actuacións relativas... Ler máis
Ribadeo, 18 de xaneiro de 2022. Acisa advirte no día de hoxe ás súas asociadas e asociados dunha presunta fraude ou estafa, que xa puxo en coñecemento da Garda Civil. O xerente de Acisa, Jes... Ler máis
Ribadeo, 17 de xaneiro de 2022. Xa se coñecen os números gañadores da campaña Obxectivo 400 organizada por Acisa e o Ribadeo FC entre os socios deste club. O sorteo tivo lugar nas oficinas d... Ler máis
Ribadeo, 10 de xaneiro de 2022. Xa se coñecen os números gañadores da XI Festa do Comercio de Acisa. O sorteo tivo lugar nas oficinas da asociación esta mesma mañá e, tal e como se anunciou,... Ler máis
Ribadeo, 7 de xaneiro de 2022. O vindeiro luns, 10 de xaneiro, terá lugar o sorteo da XI Festa do Comercio de Acisa Ribadeo. En xogo estarán 4.000 euros premios. Por segundo ano consecutivo... Ler máis
Ribadeo, 30 de decembro de 2021. Acisa Ribadeo fai un balance positivo do ano 2021, no que organizou máis de 40 actividades, colaborou en diversos eventos doutras entidades, obtivo un premio... Ler máis
Ribadeo, 29 de decembro de 2021. Desde a patronal de comerciantes e hostaleiros de Ribadeo lamentan as medidas adoptadas e a tardanza coa que se adoptaron. O presidente de Acisa, Francisco I... Ler máis
Ribadeo, 27 de decembro de 2021. En Acisa amósanse preocupados polo incremento dos contaxios de covid en Ribadeo, pero “orgullosos” porque os sectores hostaleiro, comercial e de servizos est... Ler máis
Ribadeo, 23 de decembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, recibiron no Concello a Francisco Iriarte e Jesús Pérez, presidente e xerent... Ler máis
Ribadeo, 20 de decembro de 2021. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos anima a todos os seus clientes de Ribadeo, das comarcas veciñas da Mariña e do Occidente astu... Ler máis
Ribadeo, 9 de decembro de 2021. Acisa Ribadeo recibiu hoxe o accésit de carácter honorífico na categoría de Centros Comerciais Abertos nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2021. O acto... Ler máis
Ribadeo, 3 de decembro de 2021. Acisa inaugurou na tarde de hoxe, venres, a súa árbore de Nadal, que está situada nas Catro Calles, concretamente na rúa Rodríguez Murias. Alí foi creado un e... Ler máis
Ribadeo, 1 de decembro de 2021. ACISA Ribadeo está satisfeita coa nova ordenanza de terrazas, na que parte das reclamacións do colectivo empresarial víronse contempladas e os logros adquirid... Ler máis
Ribadeo, 29 de novembro de 2021. Acisa Ribadeo ven de presentar a súa campaña de Nadal, que se desenvolverá do 2 de decembro ao 9 de xaneiro de 2022. Inclúe a XI Festa do Comercio, que repar... Ler máis
Ribadeo, 24 de novembro de 2021. Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofreceran interesantes promocións e descontos durante o Black Friday do 26 ao 28 de novembro. De... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro de 2021. Acisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de 30.000 unidades, que están dispoñibles para o comercio e para a hostalaría asociados. Esta inicia... Ler máis
Ribadeo, 15 de novembro de 2021. A patronal ribadense respalda a folga xeral comarcal e a manifestación prevista o mércores, 17 de novembro, aínda que destacan que cada establecemento indivi... Ler máis
Ribadeo, 11 de novembro de 2021. Os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística de Acisa Ribadeo xa deron comezo. Así o anunciou o xerente e portavoz da patronal... Ler máis
Ribadeo, 10 de novembro de 2021. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos realiza unha valoración moi positiva da campaña Tapeando con Acisa que finalizaba onte despoi... Ler máis
Ribadeo, 3 de novembro de 2021. Do 5 a o 9 de novembro celebrarase a campaña Tapeando con Acisa. Trátase dunha nova iniciativa ideada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e... Ler máis
Ribadeo, 25 de outubro de 2021. Acisa presenta de forma oficial a súa nova marca de promoción turística Ribadeo Porta do Camiño Norte coa que o colectivo pretende potenciar a vila como punto... Ler máis
Ribadeo, 18 de outubro de 2021. Acisa Ribadeo e o deputado autonómico do BNG Daniel Castro mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo para falar sa situación do sector e do asociacionismo. Fr... Ler máis
Ribadeo, 14 de outubro. Acisa organiza de novo a campaña Tarxeta Aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 15 de outubro ao 14 de decembro. O p... Ler máis
Ribadeo, 5 de outubro de 2021. O Concello e Acisa asinaron hoxe un convenio extraordinario de colaboración por importe de 17.000 euros, que terá como obxectivo principal a renovación da imax... Ler máis

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



