Nota de prensa: ANTONIO VEIGA ASISTIU Á PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE ARQUEOLOXÍA DO VALADOURO Os autores deste libro, Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, xa escribiran sobre a coma... Ler máis
Nota de prensa: SUSPÉNDESE A PRESENTACIÓN NO MUSEO DO MAR DO LIBRO “O CLAMOR DA REBELDÍA”, DE PILAR GARCÍA NEGRO, POR CAUSA DO MAL TEMPO O acto enmarcábase nas actividades complementarias á... Ler máis
NOTA DE PRENSA: ANTONIO VEIGA ASISTIU Á PRESENTACIÓN DO LIBRO “VÍNCULOS CULTURAIS GALIZA-URUGUAY: JOSÉ ALONSO Y TRELLES/JUANA DE IBARBOUROU” A obra recolle as actas do congreso celebrado en... Ler máis
Catro creadores debaterán sobre memoria e creación na Feira do Libro de Viveiro As lembranzas da infancia como fonte de inspiración, as fronteiras entre memoria e ficción, ou o papel das rec... Ler máis
FOZ .- Esta tardiña, o delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañou ao escritor mariñao Ramón Reimunde na presentación do libro “Cautiverio de Fingoi” que tivo... Ler máis
CERVO .- Hoxe, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de San Cibrao, vai facerse a presentación do libro “As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro a Ribadeo” , obra que xurdiu do... Ler máis
RIBADEO (FNC) .-. O Concello de Ribadeo fixo entrega duns 800 exemplares do libro A ría de Ribadeo. Natureza entre dúas augas que escribiu José Mª Fernández Díaz-Formenti. No acto celebrado... Ler máis
XOVE .- O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organizou un amplo programa de actividades para celebrar o Dia Mundial do Libro. Este programa comezou hoxe ás 11:00... Ler máis
BURELA .- (FNC) A delegación de Mar ven de presentar a segunda edición do libro Os sabores do noso mar que neste caso está adicado ao bonito de Burela. A edil, Remedios López Villar, sinala... Ler máis
BURELA .- O pasado sábado, Manuel Rivero estivo presentando o seu libro De Roncesvalles a Compostela en Burela. O autor estivo acompañado na mesa pola presidenta do Buril, Rosana Val e polo... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A presidenta da Fundación Herdeiros da Mar e escritora focense Marisol Moreda presenta en Madrid o 23 de febreiro o seu último libro O silencio da mar. O acto desenvolverase... Ler máis
BURELA .- A concelleira de Mar, Remedios López presentou hoxe o primeiro libro adicado á pescada do pincho de Burela “un dos produtos mais prezados do noso peirao e que pola súa calida... Ler máis
O domingo empezou a Feira de Artesanía de Viveiro, ubicada nunha carpa situada no porto deportivo e mañá comeza a Feira do Libro, nos xardíns de Noriega Varela. Ambas rematan o día 17. Ler máis



" width="190" height="122"> 













Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



