Paloma Castro sinalou que o consumidor “nin sabe nin pode distinguilo” e defendeu que é necesario ofrecerlle información da súa orixe “tanto en tendas coma en restaurantes” Santiago de Compo... Ler máis
Tras reunirse con Mulleres Salgadas, Paloma Castro denunciou que, despois de catro anos “incumprindo os acordos do Parlamento”, o Goberno de Rueda propón un modelo que “baleira de contido” o... Ler máis
O Parlamento aproba unha proposta socialista para poñer en marcha medidas para facilitar a corresponsabilidade e a conciliación no sector do mar Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 202... Ler máis
Paloma Castro: “Para defender os fondos europeos, Galicia debe demostrar que é capaz de executalos e facelo con impacto real, equidade sectorial e visión estratéxica” Santiago de Compostela,... Ler máis
Paloma Castro considera un “erro grave” a redución á metade nas partidas para equipamento para colaboración entre investigadores e pescadores, que recorta a capacidade de detección das bioto... Ler máis
Paloma Castro advirte que a normativa actual é “desfasada, ríxida e ineficaz, obstaculiza a toma de decisións, xera incerteza xurídica e impón cargas administrativas innecesarias” Santiago d... Ler máis
Paloma Castro reclama o aumento das partidas do goberno galego para que os concellos poidan garantir un servizo vital para o verán Santiago de Compostela, 07 de xullo de 2024. A portavoz de... Ler máis
Paloma Castro denuncia medidas de “greenwashing” ou “ecopostureo” e esixe “máis orzamento, recursos propios e unha planificación global e mantida no tempo que non se está a facer” Santiago d... Ler máis

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



