BURELA.- O PP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que “lamenta o victimismo dos socialistas” e “ Preguntan se son certas ou non as acusación feitas á concellala Remedios López”, eng... Ler máis
CERVO.- O PSOE cualifica de “impertinente” a intervención do Alcalde de Cervo no acto de inauguración do novo centro de saúde de San Cibrao, por considerar que non tivo en conta... Ler máis
O grupo municipal do PP en solitario, coa abstención do PSOE e BNG, aprobou o presuposto municipal do concello de O Vicedo, cifrado en cerca de 1,7 millóns de euros. Ler máis
BARREIROS.- A principios de semana comezou un dialogo publico nos medios de comunicación, entre o portavoz do BNG de Barreiros e responsable de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veig... Ler máis
FOZ.- A ex concelleira do PP, que coa súa ausencia propiciou que o PSOE, en minoría, aprobase os orzamentos para a presente exercicio, presentou a súa renunia á acta de concelleira alegando... Ler máis
FOZ.- O PP focense cuestiona “a pouca transparencia a dubidosa honradez e a pouca seriedade” do alcalde de Foz, José María García Rivera e anuncia que presentará unha moción para... Ler máis
FOZ.- O comité local do PP de Foz fixo pública hoxe unha nota de prensa na que sinala ao Alcalde como responsable da situación actual da corporación, por tentar conseguir a maioría absoluta... Ler máis
FOZ.- A concelleira electa polo PP de Foz Luísa Prieto abandonará o Partido Popular, que valora expulsala, e podería continuar formando parte da corporación como independente. A ruptura entr... Ler máis
Falta de efectivos, axentes que con horas extras duplican o que ganan, mais efectivos de baixa que en activo e degradación do ambiente da relación laboral son, entre outros, males que padece... Ler máis
Responsables do PP asegurar que o goberno galego paralizou a iniciativa para a creación de un “polígono supramunicipal” nas inmediacións de Alcoa en terreos do concello de Cervo... Ler máis




















O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



