Trátase dunha mostra apoiada pola Xunta que pon en valor o patrimonio histórico, artístico e xacobeo do templo. Comisariada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila, a exposición reúne oi... Ler máis
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visita o Colexio Veleiro-Docampo, en Castro de Rei, onde vén de licitarse a reforma do pavillón por case medio millón de euros Castro de Rei, 8 d... Ler máis
O conselleiro de Educación visita o centro e destaca a importancia da actuación para mellorar a vida diaria da comunidade educativa e a eficiencia enerxética Mondoñedo, 10 de abril de 2025.... Ler máis
Ribadeo, 25 de novembro de 2024. Educación inviste na mellora dos centros educativos de Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, mantivo unha xuntanza co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidad... Ler máis
A reunión da xunta directiva do PP lucense presidida por Elena Candia centrouse en analizar as posibilidades de creación de emprego e tamén as melloras en infraestruturas educativas na provi... Ler máis
O Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola acomete este verán 105 actuacións en 78 centros de Lugo, cun investimento de 2M€, para mellorar Lugo, 28 de agosto de 2024. A Xunta de Galicia e... Ler máis
Ribadeo, 27 de xuño de 2024. Ribadeo recibiu esta mañá a visita do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, que asinou no libro de honra do Concello, anunciou... Ler máis
O IES Perdouro recibe o premio como un dos vencedores dos retos da primeira edición de InnovaTech FP
Ourense, 18 de xuño de 2024. O equipo de alumnado formado por Alicia Cabarcos e Sonia González do Ciclo Medio de Peiteado e cosmética capilar e Raúl Fraga e Alberto Cabana, estudantes do CS... Ler máis
Deu comezo o sábado co pregón pronunciado por Roberto Rodríguez, e seguiu este domingo co bandeo do pendón e o cuarto xantar de irmandade, entre outras actividades. Ata a Ponte de Arante se... Ler máis
A intención é poñelo en marcha, na modalidade dual, o curso que vén aproveitando as instalacións da Federación e do Concello de Mondoñedo Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024. O consel... Ler máis
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou no acto de clausura que coas Xornadas Ribadeo contribúe á historia do Camiño de Santiago Ribadeo. Domingo,... Ler máis
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, clausurarán as Xornadas mañá, domingo 3, ás 14.30 horas Ribade... Ler máis
O conselleiro de Educación, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, presenta o informe ‘Panorama de educación en Lugo no ámbito rural’ Lugo, 23 de outubro de 2023. A Xunta de Ga... Ler máis
Ribadeo, 18 de xuño de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistirá este luns, 19 de xuño, ao acto conmemorativo do 50 aniversario do Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, que... Ler máis
O alcaldable cre que hai que tomar medidas como impulsar a economía local, baixar o prezo do solo industrial e a eliminación de taxas para reactivar a economía local e axudar aos mozos a fic... Ler máis
O proxecto do alcaldable do PP inclúe a mellora das dúas entradas a Foz e do eixo turístico entre o porto e A Rapadoira Foz, 25 de maio de 2023. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez,... Ler máis
O programa electoral do PP laurentino recolle, entre outras propostas, habilitar unha parte do mosteiro como residencia de maiores Lourenzá, 22 de maio de 2023. Os populares de Lourenzá, pre... Ler máis
A concelleira popular Laura Riveira, número 3 da lista do PP para as eleccións locais, asegura: “Na próxima lexislatura, imos facer un esforzo máximo para tratar de que o colexio de Fondo No... Ler máis
As melloras inclúen o cambio da cuberta da entrada do centro, de portas e ventás, a renovación da iluminación e o proxecto para remodelar os baños O Valadouro, 4 de maio de 2023. O candidato... Ler máis
O alcaldable cre que apoiar á esquerda tería como resultado “seguir no bloqueo, dado que nin eles mesmos se entenden” O Valadouro, 30 de abril de 2023. O responsable de Cultura, Educación, F... Ler máis
Ribadeo, 24 de febreiro de 2023. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destaca o compromiso do Goberno galego coa mellora das infraestruturas educativas n... Ler máis
A administración autonómica reserva un orzamento de 250.000 euros para esta actuación que prevén licitar de xeito inminente para que as obras poidan desenvolverse este ano O Valadouro, 9 de... Ler máis
Pon de manifesto a súa produción ensaística, así como a que foi quen de estimular desde o eido editorial e co seu papel en distintas asociacións e agrupacións a prol da lingua e as súas expr... Ler máis
Lourenzá, 5 de xaneiro de 2023. Vilanova de Lourenzá acolle este sábado, 7 de xaneiro, os actos de apertura do ano de Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedica o Día das Letras Gal... Ler máis
Mondoñedo, 23 de xullo de 2022. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron a cap... Ler máis
Mondoñedo, 27 de decembro de 2021. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe a Catedral de Mondoñedo onde se referiu aos avances que a Xunta está real... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



