Nota de prensa Besteiro anuncia unha axuda extraordinaria de 40.000€ “para facer da Semana Santa de Viveiro a máis grande de Galicia” – Este investimento responde á petición do Alcalde... Ler máis
Nota de prensa “En la reunión de la Cofradía de Semana Santa de Burela del viernes pasado, entre otros asuntos se acordó la adquisición o compra de una corona plateada con aureola para... Ler máis
Grupo de excursionistas que viaxaron a Córdoba e Granada coa Cofradía de Semana Santa de Burela. Visitaron en Córdoba La Mezquita, Sinagoga, Alcázar de los Reyes Cristianos e fixeron visitas... Ler máis
Son ateo por elección e non por herdanza; sono porque non creo en nada segundo a concepción católica apostólica e romana: nin na vida, nin na morte, nin no encerro, nin na liberdade, nin no... Ler máis
VIVEIRO .- Organizada pola VOT e a XUFRA, Xuventudes Franciscanas, o 28 de Marzo, Domingo de Ramos, desfilaran polas rúas de Viveiro tres imaxes do SXV e unha do SXVII desfilan na procesión... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- As Concellarías de Cultura, Xuventude e Deportes coa colaboración da Vicepresidencia Terceira da Deputación de Lugo organizan diversas actividades para os nenos do 29 ao 31... Ler máis
Domingo día 21 de Marzo (Domingo de Pasión): ao termo da misa das 7 de la tarde, celebración del solemne Vía Crucis Penitencial. Unha tradición que ven dende a chegada dos Franciscanos a cid... Ler máis
O xoves, día 18, ás oito da tarde, no Salón de Actos, celebrarase unha charla sobre “Entre a Arte e a Historia: As orixes do Camiño” que será impartida por Herminia Pernas Oroza, doutora en... Ler máis
Pontenova.es organiza unha viaxe de Semana Santa a Malgrat de Mar, Costa do Maresme, Barcelona. Será desde o 26 de marzo a 4 de abril, 9 días, por 325 euros. A volta será por Zaragoza. Máis... Ler máis
No salón de actos do Centro Cívico de Xove celebrouse, o pasado día 9, o concerto de Música de Semana Santa que e contou cos músicos participantes no XIX Curso de Música de Semana Santa, pat... Ler máis
A MARIÑA .- Notouse o Domingo de Resurección o remate da Semana Santa e o fervor foi a menos en canto a presenza de persoas nas rúas; marcharon os visitantes. Houbo pasos e procesión en dist... Ler máis
A MARIÑA .- Ós actos relixiosos propios da Semana Santa algúns concellos de A Mariña engadiron unha oferta lúdica complementaria. En Foz organizouse a sexta edición da “Ruta das Tapas... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A Concellaría de Cultura e a Oficinal Municipal de Información Xuvenil elaboraron un programa de actividades destinadas aos nenos para que poidan gozar “neste tempo de ocio... Ler máis
Programa de actos do 26 de marzo ao 3 de abril organizados pola Venerable Orden Tercera Franciscana de Viveiro con motivo da celebración da Semana Santa 2009. Ler máis
VIVEIRO .- A xunta directiva da VOT acordou que Pasos da Semana Santa en Viveiro non se adornaran con flores “ante a precaria situación económica que está sufrindo unha boa parte da po... Ler máis
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



