NOTA DE PRENSA: IMPORTANTE COMUNICADO PARA TODOS OS VECIÑOS DE NOIS DESDE O MES ABRIL QUE REMATOU O MANDATO DÁ XUNTA DIRECTIVA DAS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DESTA PARROQUIA E NON PRESENTAR-SE C... Ler máis
VIVEIRO .- Veciños de Xunqueira, no Concello de Viveiro, quéixanse de que non poden ter acceso rodado as súas vivendas porque o impide unha edificación e, din, “o concello non aplica a... Ler máis
A MARIÑA .- Oito representantes de seis entidades veciñais de A Mariña representarán os habitantes da costa de Lugo na Comisión de Participación Cidadá en Materia Sanitaria. O acordo acadoun... Ler máis
A consellería de Sanidade rectificará para que veciños de A Mariña poidan integrarse na comisión de participación cidadá da area sanitaria, recentemente creada e na que Sanidade non contou c... Ler máis
CERVO.- O Concello de Cervo colaborará esta tarde coa asociación de mulleres rurais “As Espalladoras” e traballadores voluntarios de Alcoa nas tarefas de recuperación medio ambiental da canl... Ler máis
FOZ.- A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz mostra a súa desconformidade co nomeamento dos integrantes da Comisión de Participación Cidadá para a área sanitaria de Cervo-Burela (A Mariña... Ler máis
A MARIÑA .- O secretario provincial do Partido Popular en Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro asegurou que representantes de entidades veciñais poden presentarse para participar... Ler máis
A MARIÑA .- Esta fin de sema tocoulle a Foz, denunciao publicamente a asociación de veciños O Castro, e fai uns días foi no Monte Castelo en Burela. En Foz romperon mobiliario e mutilaron a... Ler máis
No rexistro de entrada do Concello foron contabilizadas 1.157 alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal presentadas durante os tres meses de exposición pública do documento. O alcalde... Ler máis
















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



