NOTA DE PRENSA:
O portavoz do GMPP de Burela asegura que Nieves Cando é rácana co traballo.
González Barcia afirma que hai solucións inmediatas para o teito da gardería.
Considera que en materia de xuventude non se fai nada que non se fixera co PP.
O portavoz do GMPP de Burela acusou hoxe a Nieves Cando e ó BNG de racanería no traballo, por non ter adoptado solucións inmediatas para arreglar o teito da gardería infantil, xa que se poden facer turnos de fin de semana e mesmo de noite, sen estar nunha situación tercermundista coma a que están os nenos e nenas da gardería burelesa e o persoal que os atende. Ademais, se o teito xá está selado e non hai goteiras, non se entende que as lonas, non unha, senon duas, segan postas a día de hoxe.
Polo tanto, Barcia entende que quen engana e minte é o BNG, Quintana e Nieves Cando. Se esto acontecese co PP, seguro que a Sra. Cando xa levaría tempo azuzando e montando follón, que o que realmente lle gusta. Agora Nieves Cando, Quintana e Vicepresidencia teñen que responder polas súas responsabilidades e deixarse de culpar ó PP.
Barcia lembra que foi o PP quen fixo a gardería e quen fixo a ampliación, ampliación que non contou co apoio do BNG para a súa financiación, e que de ser por eles non se tería feito. Ademais, Barcia tamén lembra que foi Vicepresidencia quen puxo enormes pegas, por motivo de seguridade, para abrir a ampliación, e agora a mesma Vicepresidencia non vé ningún problema en que a gardería esteña coma está, ou sexa, con problemas de seguridade.
Ademais, Barcia afirma que Nieves Cando representa unha labor nefasta, xá que despois de tanto criticar ó PP cando gobernaba, agora, sen ir máis lonxe, en materia de xuventude non se está facendo nada que non se tivera feito antes co PP, e xa vemos as presas que se dan para facer o campo artificial da Marosa, que foi solicitado polo equipo de goberno municipal de Burela.
Por último, decirlle que estou perfectamente enterado do que pasa na gardería, porque os pais e as nais non só falan con ela; tamén falan con nós, ainda que sabemos que eso non lle gusta a Nieves Cando. Que se preocupe de traballar algo máis, que está algo vaga, e que se non se preocupe de min, porque pagámoslle entre todos para que faiga algo.
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



