RIBADEO (FNC) .- O orzamento municipal para este 2010 someterase a aprobación nun pleno extraordinario previsto para o vindeiro 18 de maio. O alcalde, Fernando Suárez, defíneo como axustado e austero e destaca como novidade a creación dun fondo social contra a crise. O presuposto ascende a máis de 9 millóns de euros.
O rexedor sinalou que “se trata dun orzamento axustado á realidade económica e social e é austero. Neste 2010, e con este xa vai un ano máis, no que non se precisa recurrir ao endebedamento financeiro externo, o Concello desde hai tempo ten que pagar préstamos pedidos anos atrás e non se considera prudente nin razoable endebedarse agora de maneira ordinaria”.
Suárez Barcia manifestou que “este orzamento que onte lles foi explicado aos grupos municipais achegas externas ben da Deputación, dos ministerios ou da Xunta. Ao mesmo tempo somos conscientes de que os ingresos non son como era nin para nós, nin para ningún Concello e tampouco para ningunha entidade pública deste Estado. Redúcense os ingresos adaptándoos á realidade do que van ser”.
O alcalde ribadense suliñou que “a parte de reducir os ingresos, de reducir os gastos, de manter e ampliar a inversión, eu creo que este orzamento propón unha novidade con respecto aos demais desde o punto de vista social, queremos ter un plan de choque, un fondo social de emerxencia contra esta crise que hai, na medida das nosas posibilidades e dentro da nosa capacidade económica. De aí que destináramos unha importante partida coa que queremos que ningún neno nin ningún adulto con membros da súa familia no paro deixe de acudir a aquelas actividades ofertadas polo Concello. Que ninguén deixe de ir á Escola de Música por non poder pagar a matrícula, que ninguén deixe de ir á piscina municipal ou que ningún neno deixe de ir ás escolas deportivas por este motivo”. Fernando Suárez asegurou que “esto haberá que regulalo para evitar a picaresca, terá que haber informes dos Servizos Sociais… non queremos facer máis difíciles as situacións familiares, desde o Concello renunciamos a outro tipo de gastos e preferimos adicar unha partida importante a este fondo social contra a crise, que dotaremos dun regulamento claro, transparente e cunha orde de convocatoria”.
O rexedor confía en que “nesta situación económica tan mala na que estamos o resto de grupos da Corporación apoien estes orzamentos e aúnen esforzos para cando menos desde o punto de vista municipal, xa que non podemos poñerlle impostos aos que nos xeraron estes problemas, non podemos apertarlle as caravillas á banca, sí queremos aliviar e paliar o sufrimento de moitas familias do noso concello que se atopan nunha situación francamente mala”.
O informe favorable de Intervención a este presuposto recolle que “se observa un orzamento de ingresos que respecta o principio de prudencia máis que nos exercicios anteriores… obsérvase unha baixada no gasto corrente, gastos financeiros, transferencias de capital e activos financieiros”. Intervención di que “de continuar a tendencia que se veu iniciando na liquidación de 2008 poderá falarse xa de recuperación económica máis pronto que tarde”.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



