O curso pertence ao apartado de formación do proxecto teatral Buxiganga, que pon en marcha a Área de Cultura da Deputación de Lugo. A instancia pódese descargar directamente da web, últimos días, ou ben recoller a instancia na Área de Cultura da Deputación de Lugo. O prezo deste curso é de 40 euros, tendo un custe reducido para os actores participantes nos circuítos de Buxiganga 2010. O curso divídese en tres apartados, cadanseu impartido por casa docente. Paloma Lugilde encargarase primeiramente do Corpo e da voz, ferramentas moi importantes para os actores. Posteriormente os alumnos adentraranse no mundo da Comedia da Arte, a través de Alberte Cabarcos. Finalmente os alumnos terán un módulo de Interpretación impartido por Ester Pedrouzo, no cal os alumnos coñecerán diversas técnicas interpretativas como a técnica de Stanislavski ou Meyerhold entre outras. O curso celebrarase os días 3, 10, 17, 24 e 31 do mes de xullo e os días 4, 11, 18 e 25 do mes de setembro en horario de 9:00 a 14:00 horas.



















Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



