Nota de prensa
O BNG DE BARREIROS CRITICA QUE O ALCALDE SE ESTEA A CONVERTER EN XUIZ TRAS A DENUNCIA PRESENTADA POR UN CONSTRUCTOR CONTRA A SECRETARIA MUNICIPAL. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE É ALFONSO FUENTE O QUE ESTÁ A CREAR ALARMA SOCIAL E UNHA MALA IMAXE DO CONCELLO EN TODO O ESTADO.
Barreiros, 11 de xaneiro de 2010. O BNG de Barreiros critica que o alcalde se estea a converter en xuiz tras a denuncia presentada por un constructor contra a secretaria municipal. O rexedor suspendeuna de funcións nas últimas horas por un período de seis meses mentras se investiga dita acusación. Os nacionalistas culpan a Alfonso Fuente Parga da mala imaxe que hai de Barreiros na comarca, en Galiza e no resto do Estado.
O portavoz do BNG en Barreiros, Antonio Veiga, sinalou que “nós sempre dixemos que si ten que actuar a xustiza que actúe e decida, pero desde logo que non é de recibo que o alcalde se converta en xuiz. O que estamos a ver estes días é que o propio alcalde, en lugar de de ocuparse das súas funcións de rexedor que as ten bastante abandoadas, agora se converte en xuiz e se sitúa por enriba do ben e do mal. O expediente que se abriu que siga o seu curso, pero nós entendemos que quen ten que decidilo e quen ten que falar é a xustiza. Cremos que obviamente está ao tanto de todo o que ocorre en Barreiros porque, segundo di a prensa, o promotor que denunciou o caso das escoitas e das grabacións tamén o puxo en mans da xustiza”.
Aos nacionalistas non lles parece de recibo o que di o señor alcalde a respecto das contas xerais dos anos 2006, 2007 e 2008, “concretamente o pasado mes de novembro celebróuse un pleno extraordinario para aprobar esas contas xerais, curiosamente esa sesión se fixo coa máxima celeridade e urxencia sen reunir antes á comisión especial de contas para que se puideran estudiar por parte dos grupos da oposición. Esas contas tampouco estaban informadas por intervención e nese mesmo pleno desde o BNG e desde o resto dos grupos da oposición se pediu que intervira a secretaria para aclarar todo o que había arredor desas contas e fóille denegada a palabra polo propio alcalde. E o que aínda é máis grave a propia secretaria pediu de motu propio a palabra e tamén lle foi denegada esa posibilidade”. Veiga Outeiro pregúntase “quen está aquí cometendo irregularidades e por qué o alcalde non quere que fale a secretaria. Iso será o que terá que respostar o señor Alfonso Fuente Parga a todos os veciños de Barreiros. Hai que lembrar que esas contas (2006, 2007 e 2008) non foron só requeridas polo Consello de Contas senón que tamén foron requeridas polo Tribunal de Cuentas, órgano estatal, porque Barreiros levaba tempo sen presentalas”.
O 2006, ano crucial
O voceiro do BNG lembra que “o 2006 é un ano crucial en todo o que acontece en Barreiros, porque foi o ano no que máis se ingresou en concepto de licencias, neses orzamentos había previstos 1.990.000 euros de ingresos por licencias e curiosamente a conta xeral do 2006 non foi aprobada, non foi informada por intervención e non foi enseñada cos debidos informes aos membros da oposición. Sobre o ano 2006 a secretaria municipal quería falar e o alcalde non lle deixou facelo, entón ¿qué é o que agocha Alfonso Fuente Parga nos anos 2006, 2007 e 2008? ¿Por qué non se mandaron en tempo e forma ao Consello de Contas e ao Tribunal de Contas esas contas? Iso é o que ten que explicar Alfonso Fuente e non voltar de novo con cortinas de fume abrindo un expedente, que ademáis lles crea problemas aos veciños e ao funcionamento do Concello e crea tamén unha mala imaxe de Barreiros”.
Antonio Veiga considera que “a mala imaxe de Barreiros non só na nosa comarca, senón en Galiza e no resto do Estado é desde que Alfonso Fuente Parga é alcalde, senón non hai máis que ir ás hemerotecas. No 2005 entrou Alfonso Fuente por substitución de rexedor e no 2006 empezan todos os follóns de Barreiros. Menos cortinas de fume e menos xogar a ser xuices, o señor alcalde de Barreiros ten que exercer de rexedor, unha función que ten bastante esquecida e polo tanto tamén ten esquecidas as necesidades dos veciños, cunha rede viaria totalmente abandoada e sen un céntimo para poder arranxala, o famoso centro de día prometido para os nosos maiores segue no limbo e continuamos sen servizos e sen dotacións non só na costa senón tamén nas parroquias do interior”.
Desde o BNG entenden que “a verdadeira alarma social entre os veciños de Barreiros creouna o propio alcalde cando todos vimos na prensa que Alfonso Fuente tiña que ir declarar ao xulgado de Mondoñedo por conceder 44 licencias con informes xurídicos desfavorables. Él é o responsable desas irregularidades e por iso tivo que ir ao xulgado de Mondoñedo e a xunta de goberno do ano 2006. E aplicando a mesma premisa que él aplica sobre a secretaria tamén habería que apartar ao alcalde de Barreiros durante unha temporada do seu posto, porque coas súas actuacións sí que está a crear unha alarma social. Non é normal que un alcalde estea indo un día sí e outro tamén ao xulgado de Mondoñedo a declarar polas irregularidades que a xustiza advirte no Concello”.
Veiga Outeiro subliña que “non hai que esquencer, tal e como advirten hoxe os medios, que a secretaria de Barreiros é testigo clave na causa aberta contra o rexedor. Cada un que saque as súas propias conclusións, nós xa as temos sacadas e as acabamos de manifestar”.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



