“Mondoñedo é poesía 2015” é unha actividade cultural enmarcada nas Feiras e Festas das Quendas que convoca neste segunda edición (tras o éxito da de 2014) a 13 poetas (6 deles mindonienses), 3 músicos e arredor de 20 debuxantes que amosarán as súas creacións en diferentes rúas, prazas e espazos da cidade e do Auditorio Municipal “Pascual Veiga” ao longo da xornada.
Actividades programadas:
De 11:00 a 14.00 h.- Sketchcrawl Galicia- Debuxantes e pintores (Xosé Vizoso, Xoán Guerreiro, Eduardo Baamonde, Lucía López, Isabel Seidel, Pelayo López, Julián Ardura, Antón “Caxoto” …) cítanse nunha quedada en Mondoñedo. Percorreran as rúas tomando apuntes ao vivo da cidade e das xentes, que difundirán a través das redes sociais. Lugar de cita: Campo da Feira dos Remedios.
13:30 h.- Intervención do poeta e narrador oral Lois Pérez na entrega de Premios do Concurso de Gando no Campo da Feira.
De 16:00 a 18.00 h.- Sketchcrawl Galicia- Quedada de debuxantes e pintores na Praza da Catedral.
De 18:00 a 20.00 h.- Recitados nas prazas de Mondoñedo coa seguinte orde e horarios. 18:00 h.: Praza da Catedral (Inteveñen: Eduard Velasco, Chus Amieiro, Hermes López ). 18:30 h.: Praza da Concello (Inteveñen: Eduardo Estévez, Conce Agrelo e Aladino Montero). 19:00 h.: Praza Jaime Cabot (Inteveñen: Baldo Ramos, Aleixandre Lago Barcala e Luciano do Monfadal). Tamén participará nestes recitais na rúa alumnado de diferentes centros escolares de Mondoñedo.
De 18:00 a 19.150 h.- DEBUXACONTOS E POESÍAS a cargo de Caxoto Kativo, na Praza Jaime Cabot. Obradoiro aberto de creación para os máis cativos.
De 20:00 a 21.30 h.- Recital “Mondoñedo é poesía” no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Interveñen músicos (César Morán, Miro Casabella, Arcadio Mon), e poetas (Luz Pozo, Yolanda Castaño, Lois Pérez, Eduardo Estévez, Baldo Ramos, Aleixandre Lago Barcala, Eduard Velasco e Caxigueiro).
Colofón: Homenaxe a Antonio Noriega Varela polo 120º aniversario da publicación do seu poema” De Ruada” en 1895.
Ao tempo, continuarán as súas actividades na mesma sala os debuxantes e pintores da quedada Sketchcrawl Galicia.
Actividades complementarias
-TENDAL DE POESÍA no Auditorio “Pascual Veiga”, con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses e de poetas locais.
-Librería no Auditorio “Pascual Veiga, con atención preferente aos títulos dos autores e músicos convocados
-EXPOSICIÓN de Sketchcrawl Galicia, no Auditorio “Pascual Veiga” con obras de Eduardo Baamonde (Cambados), Lucía López (A Coruña), Pelayo López (A Coruña), Isabel Seidel (Ourense), Juan Ardura (Betanzos), Antón Díaz “Caxoto” (Cervo), Xoán Manuel Guerreiro (Xove), Xosé Vizoso (Mondoñedo)
Agasallos para asistentes:
-Publicación conmemorativa “Mondoñedo é poesía 2015” con ilustracións de Alicia Puchades Tella-Villamarín e textos poéticos dos e das poetas participantes.
-Folleto co poema “De Ruada” de Antonio Noriega Varela.
Organizan: Asociación “AS San Lucas” e Mondoñedo É …
Patrocina: Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Educación, Xunta de Galicia.
Colaboran: Concello de Mondoñedo, ACIAM Mondoñedo, Casa Penela, Casa de Mañas, CEIP “Álvaro Cunqueiro” e IES “San Rosendo.”




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



