A Mariña 9 de agosto de 2019. A decisión do goberno da Xunta e do Sergas de non substituir @s pediatras en vacacións ou con calquera outro permiso sume á comarca nunha situación crítica , que ben podería chegar a convertirse en emerxencia. As políticas do PP de non cubrir as ausencias xustificadas destes profesionais durante todo o ano exarcérbanse no período estival , polas vacacións sen substituir do persoal, o que provoca caos asistencial e alarma social ante a posibilidade de ter que percorrer moitos quilómetros de distancia para que unha crianza poda ser atendida por un ou unha pediatra.
A Plataforma Sanitaria da Mariña tivo coñecemento de que na actualidade a pediatra que atende os concellos de Barreiros , Mondoñedo e Lourenzá está a desfrutar do seu período vacacional ser ser substituída – nin siquera algún día á semana -, ao igual que as profesionais que atenden os concellos de Ribadeo e Foz. No caso de Foz ( onde só se substitue á profesional algun día ) , a ausencia de pediatra afectaría tamén aos concellos de Valadouro e Alfoz, ao non dispoñer estes últimos con servizo de pediatría propio e ter que desplazarse ao concello de Foz, para ser atendid@s por unha profesional sobrecargada de traballo e cunha reducción de xornada tampouco substituída.
A resposta do Sergas á grave problemática de atención sanitaria semella un insulto á poboación da Mariña.
Para o colectivo sanitario a resposta que deu o Sergas ás críticas realizadas polo Concello de Barreiros esixindo que se substitúa á pediatra semellan un insulto a mariñás e mariñaos, posto que as afirmacións de que “os rapaces están perfectamente atendidos cos médicos de familia “ e que “no caso de existir algunha urxencia a atención pediátrica está reforzada pol@s pediatras dos concellos limítrofes e tamén polo servizo de pediatría do hospital” non se poden consentir, e desde este colectivo esiximos unha desculpa pública e que dunha vez por todas contraten persoal que supla estas ausencias e carencias na atención sanitaria.
Desde a Plataforma sanitaria lembramos que se a día de hoxe unha crianza destes concellos ten que ser atendida por un problema de saúde só podería acudir ao centro de saúde de Burela como punto máis cercano ou ao de Foz se coincide co día que se substitúen as súas vacacións. Polo tanto terían que atender aos posibles casos que xurdiran de Ribadeo, Trabada,Lourenzá, Mondoñedo ,Barreiros sumados a Foz ,Valadouro e Alfoz se ese día coincide que non se cubriu a pediatra de Foz. A este caos asistencial “virían sumarse os concellos de Cervo e Xove nos próximos días, xa que a partir do 14 de agosto a pediatra destes concellos tamén collería vacacións.Simplemente vergoñento”- explica a coordinadora do colectivo sanitario.



























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



