24 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Pomba do Arco, O Castro, O Atrio e a Asociación de Veciños de Vilaronte organizan o sábado 28 de setembro un roteiro por Vilaronte

16-09-19

 Foz, 16 de setembro, 2019. A Pomba do Arco, O Castro, O Atrio e a Asociación de Veciños de Vilaronte organizan o sábado 28 de setembro un roteiro por Vilaronte co obxectivo de divulgar os elementos de relevo do seu patrimonio e da súa historia.

A viaxe arrancará as 16:00 do Campo da Feira da Espiñeira, visitando a continuación, entre outros espazos , as antigas minas romanas de ouro, as vellas caleiras, as antigas fabricas de Damían López, as expresións da arquitectura indiana, a igrexa e o castro.

A actividade continuará ás 19:00 h no local da asociación O Castro, coa proxección do filme Riquezas Lucenses, gravado en Vilaronte en 1646, e que recolle escenas dos traballos desenvoltos nos serradoiros de Damían López e dos seus traballadores.

As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando aos telefones 608-555-010 ou 636 587 098. O número de prazas para a visita é limitado polo que pregamos que aquelas persoas interesadas se anoten antes do xoves 26.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive