Ribadeo, 10 de setembro de 2019. O Concello inicia o proceso de selección das 19 persoas (16 alumnxs, 2 monitores e 1 director/a) da nova edición do Obradoiro de Emprego DOC-TIC, que arrincará a finais de setembro. Durante 6 meses os asistentes combinarán o traballo en arquivos e dixitalización coa formación a través dun contrato de formación polo que percibirán o Salario Mínimo Interprofesional.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “un ano mais e por cuarto ano o Concello de Ribadeo aposta pola dixitalización e recuperación do seu valioso patrimonio documental coa posta en marcha do Obradoiro de Emprego DOC–TIC III, desenvolto polo Concello de Ribadeo cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O obradoiro DOC-TIC foi financiado nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020”.
O edil ribadense subliñou que “con este proxecto o Concello pretende continuar na liña dos obradoiros anteriores e seguir coas funcións primordiais dun arquivo público e as dun obradoiro de emprego. Por un lado recoller, custodiar e difundir a información significativa para o enriquecemento da memoria colectiva e por outro, a obtención de competencias profesionais que faciliten a inserción laboral”.
Pablo Vizoso indicou que “neste obradoiro poderán participar como alumnado traballador persoas menores de 30 anos que estean inscritos no paro e no programa de garantía xuvenil. Dentro deste obradoiro, que está previsto dea comezo a finais deste mes de setembro, se incorporarán dúas especialidades: unha de produción fotográfica, que estará integrada por 8 alumnxs, e a outra especialidade será de operación de datos de gravación e tratamento de datos e documentos”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local engadiu que “serán un total de 16 alumnxs, os que combinarán durante 6 meses o traballo en arquivos e dixitalización coa formación a través dun contrato de formación polo que percibirán o Salario Mínimo Interprofesional.
Vizoso dixo que “a convocatoria e as bases de selección de persoal xa se atopan abertas e nas que se oferta: 8 persoas alumnas -traballadoras no módulo de produción fotográfica; 8 persoas alumnas- traballadoras no módulo de operación de datos de gravación e tratamento de datos e documentos; 1 persoa monitora para o módulo de operación de datos de gravación e tratamento de datos e documentos; 1 persoa monitora para o módulo de produción fotográfica e 1 persoa directora do obradoiro. Serán un total de 19 empregos os que se crearán durante 6 meses”.
Aquelas persoas que estean interesadas deberán pasar pola Oficina de Emprego de Ribadeo a apuntarse.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



