24 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG amosou o seu apoio ás mobilizacións do ensino

16-09-20

 A Mariña 16 de setembro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego apoiou unha vez máis as mobilizacións convocadas por sindicatos e ANPAS para amosar o rexeitamento da comunidade educativa galega á caótica xestión do inicio de curso por parte da Xunta de Galiza e na defensa dun curso escolar presencial e seguro.

O deputado nacionalista Daniel Castro que asistiu xunto con representantes do BNG na comarca á concentración convocada en Burela e denunciou unha vez máis a improvisación da Xunta e da Consellería de Educación, que “despois de 6 meses para ter preparado un protocolo de actuación fronte á Covid é unha auténtica vergoña que a actuación que siga imperando sexa a da improvisación e dos bandazos”
Desde o BNG reclaman máis recursos para os centros, incremento de profesorado e a diminución das ratios de alumnos e alumnas por clase.
Castro lembroulle á Xunta que “o curso, neste caso de secundaria e FP debe comezar cun protocolo claro e deixar de cambiar as directrices a cada semana” e esixiulle á Consellería de Educación que abandone xa a práctica de antepoñer o aforro á seguridade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive