Lugo, a 16 de outubro de 2020. O ministerio de Transportes está deseñando unha nova política de infraestruturas que, aparentemente, culminará coa futura Lei de Mobilidade, e na que se decidirán os investimentos nesta materia en base a parámetros de custe-beneficio. Á vista deste proceso, os senadores de Lugo –José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela- consideran “prioritario e necesario” que o departamento estatal concrete se nesta norma ten e conta o problema demográfico á hora de planificar esta Lei e, se no caso concreto da provincia, a súa aplicación permite precisar o prazo de remate das autovías que executa na provincia: A-54, que une Lugo con Santiago; A-56, que conectará Lugo con Ourense; e, a A-74, que mellorará as comunicacións da Mariña.
No documento, que recentemente presentou este ministerio, indícase literalmente que as novas infraestruturas de transporte teñen uns rendementos decrecentes, non só en termos estritamente económicos, senón tamén de equidade social e de equilibrio territorial, de tal xeito que, apuntan, “esta política consegue o efecto contrario e marxina miles de persoas que viven en núcleos rurais ou en zonas despoboadas”.
Esta cuestión fai saltar todas as alarmas para os representantes da provincia no Senado, tanto en canto, indican, “seguimos esperando polo remate das obras da A-54, que leva 10 anos de retraso, da A-56, que conta con varios proxectos caducados e, a da Mariña, que non avanza e deixa a miles de persoas sen a posibilidade de mellorar o seu modo de comunicación”. A lentitude na construción destas infraestruturas, defenden, “ non só prexudica aos veciños da provincia, senón tamén a todos aqueles cidadáns que buscan desprazarse en períodos estivais, o que constitúe un dobre agravio cara os lucenses”.
Neste senso, consideran que é imposible afrontar o reto demográfico, animar aos cidadáns a repoboar a España baleira ou impulsar o emprego e a vivenda na zona rural se non se facilita á cidadanía o transporte terrestre. “Galicia non conta cunha rede viaria como si dispoñen outras comunidades e a paralización da construción de autovías de ámbito estatal está provocando que a vertebración da Galicia interior, e da provincia de Lugo en particular, sexa lenta e, por conseguinte, escasa”; da aí, conclúen os senadores, que “nos preocupemos polo avance das autovías da nosa provincia, co fin de que estas continúen o seu curso e non se sigan retrasando ou paralizando máis co deseño da futura norma”.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



