Nestas datas fixéronme un agasallo cheo de letras, trátase dun libriño de Jhon Lloyd e John Mitchinson, que en castelán leva o nome de “EL PEQUEÑO GRAN LIBRO DE LA IGNORANCIA” Trátase de mais dun cento de narracións onde os autores desfan entortos do mundo da cultura e da ciencia.
Un deles chamoume a atención de forma un tanto especial “¿Canto tempo levan os celtas en Gran Bretaña?
E responden “Dende o 21 de Xuño de 1792” En principio a data chamoume a atención pero sobre todo porque un é un escéptico con iso do celtismo que algúns dende AÑON tanto reivindican por estas terras.
Din os ingleses “Foi entón cando un grupo de “trobadres” londinenses representaron unha cerimonia totalmente inventada en Primrose Hill, Londres, en torno a un circulo formado por pedras, e afirmaron que estaban revivindo un ritual que remontábase os días da anterga nación celta e os seus druídas.
A o parecer ata aquel momento, fai catro días e medio,non existía ningunha proba do uso do termino celta para describir a os habitantes prerromanos das Bretañas, Irlanda, Norte da península Ibérica, e sen dubida nunca se a aplicaron a eles mesmos.
Entón fun a buscar datos encol dos “celtas” ditas por historiadores Romans, foi Heródoto no ano 450 antes de Cristo quen na utilizou para falar dos pobos da zoa alta do Danubio, a o norte dos Alpes.
O nome ………de aquelas xentes era “Galli ou Galos” a os habitantes das illas do noroeste sempre se lles chamou “Britanni” nunca celtas.
O uso do termo celta so se remonta o século XVII , foi o parecer un lingüista galés que traballaba en Oxford, quen estudio as similitudes entre as linguas faladas en Irlanda, Escocia, Galesw, Cornualles, Bretaña francesa e Galicia e definiunas como “linguas celtas” e o termo ficou por impoñerse.
A palabra celta tamén se emprega para describir os típicos deseños de pezas de agasallo en zonas cun pasado celta. Non existen probas históricas nin científicas que suxeriran que un grupo de persoas étnicamente homoxéneo expresarase con este tipo de deseños, que por certo se atopan en culturas tan lexanas e diferentes como na Australia, na India, no Nepal, na América prehispanica, e no norte da Siberia, son espirais, nudos, trisqueles…
A maioría dos historiadores serios cren que a lingua e a cultura que chamamos celta se expandiu por contacto e non por invasión. Os pobos convertéronse en celtas adoptando a arquitectura, as modas, e os modos de falar porque lles eran útiles e atractivos, non porque pertenceran o mesmo grupo étnico.
A idea romántica, tan espallada en Galicia por poetas, historiadores e literatos dun imperio celta con artesáns amantes dos cabalos, vellos druídas sabios, poetas acompañados de arpas e feros guerreiros con longas barbas e un produto da moda de recuperar todo o celta que empezou a fins do século XVIII. O certo é que ten que ver moito cos nacionalismos tanto de enriba. Irlandés, Gales ou Escocés, como os de por eiqui.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



