O alcalde de Barreiros amósase satisfeito coa visita do presidente da Deputación que se interesou por poñer en marcha o parque comarcal de bombeiros e anunciou a instalación en Cornería de e... Ler máis
CERVO .- A oficina municipal de atención aos damnificados polo temporal que habilitou o Concello de Cervo informará e colaborará na tramitación das distintas axudas que se poidan ir aproband... Ler máis
LUGO .- A Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a través da Área de Deportes, lembra que o deputado Antonio Veiga adquiriu un firme compromiso, ratificado e consignado nos orzament... Ler máis
O pleno do Concello aprobou por unanimidade a adhesión de Burela á rede de concellos saudables e tamén as 15 obras que se realizarán con cargo ó fondo estatal de inversión, segundo informou... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ordenou esta mañá a demolición e o apuntalamento dunha parte da vivenda da rúa Amando Pérez que xa sufrira un derrubamento hai dous me... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, enviou unha carta “á vista do escrito de alegacións que se ten formulado por unha pluralidade de veciños en relación á instalación pre... Ler máis
NOTA DE PRENSA (FNC): O BNG MANTÉN HOXE UN ENCONTRO COS PRODUCTORES DE MADEIRA DA MARIÑA PARA ANALIZAR AS REPERCUSIÓNS QUE O TEMPORAL ESTÁ A TER NOS PREZOS. OS NACIONALISTAS NON PERMITIRÁN Q... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Hoxe comeza en Ribadeo o ciclo de conferencias A Ponte na encrucillada da historia. O pasado 29 de xaneiro cumpríanse 200 anos da batalla na que os veciños e veciñas de sete... Ler máis
Mañá, xoves 5 de febreiro, ás sete e media da tarde, no Salón do Restaurante O Poeta de Burela, os propietarios afectados polo Plano Sectorial de Vivenda da Xunta de Galicia en Foxo- Burela,... Ler máis
NOTA DE PRENSA: Os populares denuncian que se están a producir deficiencias como que as embarcacións carecen da tripulación mínima, están a ser patroneadas por persoal non funcionario ou por... Ler máis
MONDOÑEDO.- ADEGA convoca a colectivos e asociación no Centro Comarcal da Mariña Central, sito en Mondoñedo para intentar constituír unha plataforma en contra da construcións de minicentrais... Ler máis
BARREIROS (FNC) .- Hoxe clausúrase no Museo Provincial de Lugo a exposición Arredor do debuxo do artista barreirense, Celso Dourado. O pintor asegura que “foi tremendamente importante coma c... Ler máis
NOTA DE PRENSA No que levamos de lexislatura e pese a existir consignación orzamentaria expresa ano tras ano, a Xunta de Galicia non foi quen de iniciar as obras nun só quilómetro do corredo... Ler máis
SAN CIPRIÁN .- A coordinadora de representantes dos traballadores de empresas auxiliares que traballan para Alcoa en Sanb Ciprián acordou facer asembleas informativas nas empresas Bidueiros... Ler máis
A MARIÑA .- A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) asegura que unha reforma da Lei de Costas permitirá a compravenda de edificacións no dominio público. Según Adega, ao expi... Ler máis
O concello de Foz ten xa feita a PROGRAMACIÓN cultural para o ano 2009, na que destacan as representacións teatrais, festas gastronómica, música e Antroido. Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo nas últimas horas un encontro coa asociación de veciños O Vencello “para falar das obras que realizarán con cargo aos plans de coo... Ler máis
O Concello de Burela celebrará esta tarde dúas sesións plenarias. Un pleno extraordinario, para a formación das mesas electorais e o pleno ordinario no que se informará das obras a realizar... Ler máis
BURELA (FNC) .- A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, asegura que “as cousas fanse ben e hoxe en Burela hai máis de 20 familias que xa teñen nas súas mans as chaves das súas novas v... Ler máis
XOVE.- Nunha tarde agradable e co campo en perfectas condicións, cunha boa participación con 25 inscritos, 18 da Liga de Maiores e 7 da Sub 18. Esta tirada teríase que ter celebrado o sábado... Ler máis
NOTA DE PRENSA O PP asegura que o pleno ordinario de hoxe demostra a incapacidade do bigoberno. Os populares confían que se convoque canto antes o pleno extraordinario solicitado polos danos... Ler máis
Ao lado do parque e a carón do hospital da Costa, en Burela, pode contemplarse desde hai días unha piscina de augas turbias, separada da beirarrúa só por ferralla de encofrado, posiblemente... Ler máis
BURELA .- A Consellería de Industria abreu na Casa do Mar en Burela unha oficina de atención aos afectados polo temporal. A oficina estará operativa de luns a venres en horario de mañá e tar... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) Presentouse no Concello de Ribadeo a programación que ao longo do ano 2009 se desenvolverá en Galicia e en Asturias para conmemorar o bicentenario da morte de Antonio Raimun... Ler máis
A proposta que presentaron os representantes do PP, PSOE e Upri aos vendedores ambulantes do mercado ribadense non foi suficiente para chegar a un acordo. O mércores falaran de novo Ler máis
















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



