LUGO .- O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, recibiu ós integrantes da Selección Galega de Fútbol Sala das categorías de base benxamín, alevín, infantil e cadete masculina, logo de proclamárense vencedores do Campionato de España de Fútbol Sala. Entre os deportistas atopábanse Erik e Julio Delgado, do Burela e Roberto Bellas, do Porto Celeiro.
NOTA DE PRENSA
ANTÓN BAO RECIBE OS INTEGRANTES LUCENSES DA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA LOGO DE GAÑAR O CAMPIONATO DE ESPAÑA
Os xogadores, con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, alzáronse co primeiro premio do torneo nas categorías de base benxamín, alevín, infantil e cadete masculina a comezos do mes de abril en Ciudad Real
LUGO, 29 de abril de 2009. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, recibiu este mércores os 15 integrantes da Selección Galega de Fútbol Sala das categorías de base benxamín, alevín, infantil e cadete masculina, logo de proclamárense vencedores do Campionato de España de Fútbol Sala, no que participaron as distintas seleccións do Estado, e que tivo lugar a comezos deste mes de abril en Ciudad Real. O Pazo de San Marcos acolleu esta recepción á que foron convidados os voceiros dos grupos políticos con representación na Deputación de Lugo.
Na súa intervención, Antón Bao destacou os logros acadados por este grupo de deportistas lucenses nas distintas categorías de base, participando xunto á Selección Galega de Fútbol Sala nun campionato “importante e decisivo” que “coloca os nosos deportistas entre a elite do deporte estatal”, asegurou. Logo disto, o vicepresidente da Deputación recalcou que os triunfos “destes rapaces son un motivo máis de alegría e todo un referente que han de seguir os máis novos”. Alén disto, o nacionalista instou ao resto das administracións a continuar fomentando e impulsando a práctica do deporte de base, sexa cal for a disciplina, en todas e cada unha das comarcas lucenses.
Ao remate do acto, o delegado da Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo, Manolo Franco e o vicepresidente da Deputación intercambiaron uns agasallos. A maiores, un dos integrantes da Selección Galega de Fútbol Sala da categoría benxamín entregoulle a Antón Bao unha camisola da Selección Galega, un xesto que o nacionalista agradeceu.
Neste último campionato nacional, Lugo contou cuns representantes de excepción. Na categoría benxamín acudiron á cita en Ciudad Real o sarriano Iago Parga, do equipo Mercedes-Sarria, o monfortino Adrián Díaz, do Colexio Novo, o chantadino Manuel, do club Chantada e, o xogador do Azkar Lugo, Iago Núñez. Pola contra, o tamén xogador do Azkar Lugo e natural de Portomarín, Antonio Capón, foi o único representante lucense na categoría alevín. En canto á categoría infantil a Selección Galega de Fútbol sala convocou o xogador do Azkar Lugo, Álex Diz, e os deportistas Adrián González, do Casás, e Erik e Julio Delgado, do Burela. O número máis alto de integrantes lucenses osténtao a categoría de cadetes masculina na que participaron Javi Río, Jesús Pérez e Diego Núñez, do Azkar Lugo, Jacobo Seijas, do Guitiriz, Gonzalo López, do Casás e Roberto Bellas, do Porto Celeiro.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



