NOTA DE PRENSA
Alberto Núñez Feijóo designa ao deputado popular para esta nova responsabilidade como mostra do apoio e a confianza do líder dos populares galegos nas tarefas desenvolvidas ata o momento por Jose Manuel Balseiro
BALSEIRO OSTENTARÁ A PORTAVOCÍA DO MAR DO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
* O nova portavocía do Mar amplía ás súas competencias engadindo ás cuestións sobre pesca e aos asuntos marítimos todo o relacionado cos portos galegos, que antes dependía do voceiro de Política Territorial.
A Mariña, 05 de maio de 2009.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, designou na mañá de hoxe a Jose Manuel Balseiro Orol como novo voceiro do Mar. Deste xeito, o deputado mariñán ampliará as responsabilidades que viña ostentando na lexislatura pasada, xa que ás cuestións sobre a pesca e os asuntos marítimos esta nova portavocía engádelle todo o relacionado cos portos galegos, que antes dependían do voceiro de Política Territorial.
APOIO E CONFIANZA
A designación do Presidente Feijóo é un xesto de apoio e confianza do líder dos populares galegos ao deputado mariñán que vén a reforzar o seu protagonismo parlamentario xa que defenderá e será impulsor de novas iniciativas e propostas, non só relacionadas co mundo do mar senón tamén, no ámbito da Mariña lucense.
Feijóo deu conta dos nomes dos distintos portavoces parlamentarios ao remate dunha reunión celebrada esta mañá na Cámara galega cos deputados do Grupo Popular. Durante a mesma o número un dos populares galegos pechou o reparto de responsabilidades que corresponderá a cada un dos voceiros parlamentarios ao longo da actual lexislatura.
Na asignación de responsabilidades pechada esta mañá, evitouse a duplicidade de cargos entre o Goberno e o Parlamento. “Non só –aclarou Feijóo- porque a tarefa de Goberno esixe dedicación plena, senón tamén porque outorgamos todo o valor que merece á tarefa de deputado”.
MOTOR DO PARLAMENTO
Desde a formación política popular lembraron que continúan sendo o grupo maioritario da Cámara galega e como tal están chamada a ser, durante os próximos catro anos, o “motor do Parlamento”. De feito Alberto Núñez Feijóo adiantou que “as novas funcións e responsabilidades que se lle asignan a este Grupo, que sustenta ao Goberno, non poderán supoñer en ningún caso un motivo de relaxación na nosa actividade, senón todo o contrario; deben servir como estímulo para que esta lexislatura sexa aínda máis frutífera en propostas e máis atractiva parlamentariamente”
PREMIO AO TRABALLO DESENVOLVIDO ATA O MOMENTO
Precisamente, a nova portavocía do Mar debe entenderse como premio ao traballo desenvolvido durante a pasada lexislatura na que Balseiro Orol foi un dos deputados máis activos e que máis iniciativas parlamentarias rexistrou na Cámara. A partir deste momento, Balseiro Orol asume esta nova responsabilidade de grande relevancia dentro do Grupo Parlamentario.
A devandita portavocía poderá compaxinala con outros cargos orgánicos dentro do partido a nivel provincial, como é o caso da Secretaría Xeral e tamén coas funcións de Secretario da Mesa do Parlamento, órgano de dirección da Cámara autonómica.
GARANTE DO PROGRAMA ELECTORAL
O presidente do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Núñez Feijóo, encomendou aos seus deputados que velen porque o novo Executivo autonómico sexa consecuente cos compromisos adquiridos cos cidadáns que lle outorgaron a maioría absoluta o pasado 1 de marzo. “O Grupo Popular –engadiu- deberá exercer como garante de que o dito será feito; e facer que o Parlamento sexa unha auténtica Cámara de representación da vontade popular e, por tanto, seguir e levar a iniciativa”.

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



