BURELA (FNC) .- A XXV Feira do Bonito e a VII feira Produart, celebradas esta fin de semana no Concello de Burela, acadaron uns resultados moi positivos chegando á venda de 3.500 racións de... Ler máis
CERVO .- As actividades deportivas están a ser protagonistas da época estival no Concello de Cervo, nunha aposta do Goberno municipal por promover a práctica de moi diversos deportes como al... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Centro de Educación Ambiental Gaia do Concello de Burela continúa coas actividades para nenos programadas para este verán durante todo o mes de agosto, así o anunciou a con... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello de Burela, a través da Delegación de Mar, está a organizar a terceira proba do Campionato Galego de Motos Acuáticas que se celebrará o vindeiro sábado 8 de agosto... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Clube Náutico de Ribadeo recibirá ó longo do día de hoxe ós primeiros clasificados da primeira etapa da XII Regata Transgascogne 6.50 (Bourgenay-Ribadeo). Os regatistas co... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Mañá martes 4 de agosto ás 20:30h terá lugar na Oficina de Turismo a inauguración da exposición F 28. Ollo feminino. Dita exposición, segundo Luisa González, responsable do... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Centro de Educación Ambiental Gaia do Concello de Burela continúa coas actividades para nenos programadas para este verán durante todo o mes de agosto, así o anunciou a con... Ler máis
Nota de Prensa OS NACIONALISTAS REXEITAN A SUBIDA DE IMPOSTOS E TAXAS MUNICIPAIS APROBADA POLO GOBERNO LOCAL NO PLAN DE SANEAMENTO ECONÓMICO-FINANCIEIRO DO CONCELLO Non se pode facer pagar a... Ler máis
MONDOÑEDO .- A próxima fin de semana celebrase en Mondoñedo a decimo oitava edición do Mercado Medieval. Os actos previos comezan o venres, día 7, e o sábado, as once da mañá abrirá o mercad... Ler máis
A exposición permanente de Celso Dourado denominada Eido Dourado amplía o seu horario de apertura unha hora e media debido á grande afluencia de público que está a ter durante o seu primeiro... Ler máis
A Banda de Música de Ordes e a Banda Municipal de Música de Viveiro ofrecen o “Concerto a dúas bandas”, na Praza Maior, o mercores, día 5, ás oito e media da tarde. Ler máis
NOTA DE PRENSA O PSdeG denuncia deficiencias no servizo de vixilancia das praias de Cervo Veciños de San Ciprián tiveron que socorrer a unha turista que caeu nas rochas na praia do Torno Unh... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, viaxa a Francia para participar na saída da XII regata Transgascogne 6.50 que terá lugar o domingo 2 de agosto desde o porto de Bo... Ler máis
LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, presentaron este venres o novo sistema que ofrecerá o organism... Ler máis
Nota de Prensa Para o deputado popular Daniel Varela esta medida de diferenciación e identificación na liña de venta ten como finalidade recoñecer os produtos capturados pola flota galega e... Ler máis















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



