CERVO .- As actividades deportivas están a ser protagonistas da época estival no Concello de Cervo, nunha aposta do Goberno municipal por promover a práctica de moi diversos deportes como alternativa de lecer e saúde.
Xunto ás NOITES ALTERNATIVAS que se veñen celebrando os martes, mércores e xoves, dos meses de xullo e agosto, a programación inclúe tamén varios TORNEOS entre os que está o de TENIS cuxa final tivo lugar na pasada fin de semana.
Na gran final enfrontáronse Marcelo López -que foi o campión- e Arturo González, que recibiron o seu correspondente trofeo e os parabéns do Alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
![Marcelo López gañador do](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2009/08/tenis-cervo-09.jpg)