NOTA DE PRENSA
Os actuais responsables da Consellería do Mar xa adiantaron que incrementarán a tripulación do Pesca 2 de tal xeito que esté operativo ás 24 horas do días e os 365 dias do ano cumprindo así un compromiso electoral asumido polo PpdeG coas xentes do mar
BALSEIRO QUERE COÑECER AS XESTIÓNS E O INVESTIMENTO PREVISTO POLA XUNTA PARA REFORZAR A OPERATIVIDADE DO HELICOPTERO DE SALVAMENTO CON BASE EN CELEIRO
* O deputado popular tamén se interesa pola opinión que lle merece á Xunta de Galicia os argumentos empregados no seu día por destacados dirixentes do PSOE e do BNG, entre eles o Alcalde de Burela, para desbotar este necesario reforzo dos servizos de salvamento alegando que a nosa xa estaba cuberta polos helicópteros estatais sitos na Coruña e Xixión
* O novo modelo baséase en garantir a operatividade do servizo “de xeito inmediato e con eficacia ante calquera episodio de emerxencia marítima”
A Mariña lucense, 18 de setembro de 2009.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia pola que se interesa sobre as previsións que manexan os novos responsables do Goberno autonómico para o reforzo da tripulación do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia con base en Celeiro, o Pesca 2. O parlamentario mariñán quere coñecer en que consisten as xestións que está a desenvolver a Consellería do Mar e que teñen como obxectivo garantir a operatividade deste helicóptero os 365 días ao ano, ás 24 horas do día. A devandita circunstancia é resultado dun compromiso electoral acadado no seu día polo Partido Popular que trasladou múltiples iniciativas neste sentido tanto nos Plenos dos distintos concellos da Mariña lucense e Ortegal como no Parlamento de Galicia.
Na relación de preguntas que o deputado mariñán dirixe á Xunta inclúese a relativa a unha cuantificación do gasto que vai supoñer a posta en marcha deste reforzo así como sobre a existencia de crédito orzamentario nas actuais contas autonómicas. Balseiro tamén quere coñecer a opinión que lle merece á Xunta os argumentos empregados no seu momento por PSOE e BNG para desbotar este necesario reforzo dos servizos de salvamento. Así lembra que o actual Alcalde de Burela chegou a dicir que cos helicópteros de competencia estatal situados na Coruña e en Xixón xa estaba garantida a cobertura da nosa costa ante calquera incidencia marítima, durante o tempo no que non está operativo o Pesca 2 por insuficiencia da tripulación ou avaría.
CAPACES DE ACTUAR DE INMEDIATO
Na súa iniciativa Balseiro Orol subliña que unha das cuestións que maior preocupación provoca nas xentes que traballan no mundo do mar e poder desenvolver a súa actividade coas garantías suficientes de seguridade e saúde. Malia que o mar é un medio onde o risco cero non existe as distintas administracións con competencias neste ámbito teñen que traballar na disposición dos mellores medios de emerxencia e salvamento, capaces de actuar de inmediato cando se produza calquera incidencia marítima
Lembrando o pasado Balseiro explica que o caos e a falta de xestión que caracterizou ao anterior Executivo autonómico bipartito e máis en concreto, os múltiples problemas que presentaba na pasada lexislatura –tanto no relativo aos medios materiais, como no referente ao cadro de persoal- o Servizo de Gardacostas de Galicia, deu como resultado innumerables deficiencias e fallos nos operativos de rescate que obrigaron non só a censurar a pasividade e falta de rigor dos responsables da extinta Consellería de Pesca, senón tamén a asumir un compromiso, desde o Partido Popular de Galicia, para situar como prioridade da súa alternativa de Goberno o fortalecemento do servizo de emerxencia e salvamento marítimo que operan nas nosas costas.
O novo modelo que propoñen os deputados do PPdeG e que a Consellería do Mar xa anunciou que faría realidade baséase en criterios de operatividade, eficiencia e racionalidade, “xa que logo o tempo é fundamental en calquera operación de salvamento”. O obxectivo principal do novo Goberno de Galicia é, polo tanto, garantir a vida e integridade física das xentes do mar involucradas nalgún episodio de emerxencia e, para iso, é necesario unha resposta o máis rápida e eficaz posible. “Deste xeito lograrase reducir os tempos de resposta e por tanto se mellora a eficacia”




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



