NOTA DE PERNSA
Nunha conferencia organizada por Novas Xeracións de Ribadeo, o voceiro de Economía do Grupo Parlamentario Popular contrastou a xestión do presidente galego cos “múltiples erros de Zapatero”, que agravan a situación en España
PEDRO PUY SALIENTA QUE NÚÑEZ FEIJÓO TOMOU, Á SÚA CHEGADA Á XUNTA, AS MEDIDAS LÓXICAS NUN CONTEXTO DE CRISE, COMO PRIORIZAR O GASTO PRODUTIVO E IMPOÑER A AUSTERIDADE
Santiago, 19 de setembro de 2009.- “Alberto Núñez Feijóo tomou, á súa chegada á Xunta, as medidas lóxicas nun contexto de crise económica, tales como priorizar o gasto produtivo e impoñer a austeridade na Administración”. O portavoz de Economía do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, resumiu con estas palabras, esta mañá en Ribadeo, o cambio na xestión que supuxo a asunción polo Partido Popular do Goberno de Galicia, despois de que na etapa do bipartito “perdeuse o rumbo pola falta de decisións axeitadas”.
Nunha conferencia organizada por Novas Xeracións de Ribadeo, o tamén profesor de Economía Política da Universidade de Santiago, contrastou a xestión do presidente galego cos “múltiples erros de Zapatero”, que agravan a situación en España. O deputado subliñou que o principal acerto do Goberno de Feijóo radica “en actuar a curto prazo con medidas que teñen sentido e que se enmarcan dentro dunha estratexia a longo prazo”. Pola contra, o Goberno central socialista “disparou o gasto público sen sentido algún, buscando unicamente resultados moi inmediatos pero sen pensar nas consecuencias a longo prazo”.
O parlamentario popular explicou que a solidez do sistema financeiro español “ofrecía unha boa posibilidade para lograr un mellor comportamento do país na conxuntura derivada da crise financeira internacional”. Sen embargo, o impacto da crise está a ser maior en España que na meirande parte dos países desenvolvidos “pola conxunción da falta de reformas estruturais por parte dos gobernos socialistas e da adopción de malas medidas conxunturais cando a crise xa estaba enriba”. Entre os defectos estruturais da nosa economía que non se corrixiron, citou a deficiente regulación do mercado de traballo, o exceso de déficit exterior ou a escasa relevancia das políticas de I+D+i, “que se puxeron especialmente de manifesto coa chegada das dificultades económicas”.
DECISIÓNS ERRÓNEAS
En canto ás medidas deficientes, referiuse, entre outras, á concesión da axuda de 420 euros para parados sen prestación ou o Plan E. Un tipo de decisións erróneas, “que o
anterior goberno de Galicia repetiu na nosa Comunidade con medidas como as subvencións concedidas para limpar cunetas”, apuntou Puy.
Nese contexto, Pedro Puy resaltou que “as solucións non poden vir, desde logo, da improvisación, a falta de decisión e as continuas rectificacións que caracterizan a xestión de Zapatero”
















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



