A MARIÑA .- Até o vindeiro 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición para a actividade “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade co obxectivo de contribuír ao empoderamento das mulleres a través da fotografía. A actividade, que se desenvolverá a partir do mes de outubro en colaboración cos concellos de Barreiros, Burela, Mondoñedo e Riotorto, presentouse esta mañá nunha rolda de prensa celebrada na Casa das Letras de Ribadeo, e na que participaron membras do Observatorio e representantes de todos os Concellos colaboradores: Ademais das intervencións de Olga Castro, vicepresidenta da asociación, e Carolina García, secretaria, tamén participaron na rolda de prensa Neves Cando López, tenenta de alcalde e concelleira de Igualdade do Concello de Burela; Adela Rodríguez Fernández, concelleira de Asuntos Sociais de Barreiros; Orlando González Cruz, alcalde e concelleiro de Igualdade de Mondoñedo e Sandra Acebrás Dopacio, concelleira de Medio Rural de Riotorto.
Desde o Observatorio amosaron o seu agradecemento aos concellos colaboradores na realización da actividade, e indicaron que como parte do acordo de colaboración, na inscrición terán preferencia as mulleres censadas nestes concellos así como as socias do Observatorio, estas últimas independentemente da localidade na que residan. O procedemento para anotarse difire segundo o concello no que se desexe realizar a actividade. Así, en Burela e Mondoñedo as inscricións realizaranse no Centro de Información ás Mulleres, cuxos teléfonos de contacto son respectivamente 982580609 (Burela) e 982521369 (Mondoñedo). En Barreiros as inscricións deben realizarse no Centro Municipal de Información Xuvenil (982124106), e en Riotorto chamando aos teléfonos 629028702 ou 663617406. O custe da actividade é de 10 euros para aquelas mulleres que non sexan socias do Observatorio, e no momento da inscrición as participantes deben indicar se posúen cámara fotográfica dixital propia, xa que o Observatorio conta cun número moi limitados de cámaras para emprestar. O número de prazas está limitado a 15 mulleres en cada localidade.
Como tamén indicaron na rolda, a actividade “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA” consta de tres partes. A primeira consiste nun obradoiro de fotografía dixital, impartido polas fotógrafas mariñás Marián García Mesa e Lucía Valea. Neste obradoiro abordarase a historia da fotografía desde unha perspectiva de xénero repasando as contribucións de fotógrafas internacionais e galegas, cuestións técnicas da fotografía dixital e diferenzas coa analóxica, formación de imaxe, toma fotográfica, diferentes motivos fotográficos, presentación de imaxe para publicación, o retoque de imaxes antigas, o proceso práctica de descarga e almacenamento de imaxes en ordenador, o tratamento de imaxes con programas de ordenador, etc. Nas diferentes localidades, os cursos terán lugar nas seguintes datas:
► BURELA: os venres a partir do 2 de outubro, en horario de 16 a 19 horas (durante 6 venres)
► MONDOÑEDO: os sábados a partir do 3 de outubro, en horario de 10 a 13 horas (durante 6 sábados)
► RIOTORTO: os sábados a partir do 3 de outubro, en horario de 16 a 18 horas (durante 9 sábados)
► BARREIROS: os luns a partir do 19 de outubro, en horario de 17 a 19 horas (durante 9 luns)
[No caso de Barreiros, o prazo de inscrición manterase aberto até o día 15 de outubro]
A segunda parte de OLLADAS DE MULLERES consiste nun período de exercicio individual no que as mulleres porán en práctica os coñecementos adquiridos fotografando a súa realidade cotiá, fomentando deste xeito a realización de actividades participativas para as mulleres que valorizan o seu papel na sociedade. Logo deste período poranse en común todas as fotografías realizadas por todas as participantes, quen decidirán de forma participativa cales son as mellores fotografías de cada unha. Con estas fotografías seleccionadas darase paso á terceira parte da actividade, consistente na realización dunha exposición fotográfica en cada concello. Posteriormente, o colofón da actividade será unha exposición final conxunta, de forma que así se poidan apreciar as realidades cotiás tan distintas que arrodean as experiencias vitais das mariñás de concellos costeiros como Barreiros ou Burela, e de concellos do interior como Riotorto ou Mondoñedo.
Para calquera dúbida ou aclaración, o Observatorio da Mariña pola Igualdade pon a disposición das interesadas o teléfono 663617406 e o correo electrónico observatorioigualdade@gmail.com
Segundo indicaron ao longo da rolda da prensa, a actividade “OLLADAS DE MULLERES. VISIÓNS DESDE A MARIÑA” xorde como continuación dunha primeira iniciativa semellante impulsada tamén polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración cos concellos de Ribadeo, Vilar de Santos e a Illa de Arousa no ano 2007. Co título de “Olladas de Muller, lapis de homes”, a actividade concluíra cunha exposición no Museo Verbum de Vigo. Posteriormente, a exposición viaxara até o Forte de San Damián ribadense do 2 ao 14 de xullo de 2008, onde se puideron ver as imaxes das 36 mulleres participantes impresas sobre sabas penduradas dun tendal con pinzas de roupa, acompañadas de comentarios realizados por lapis de homes. (Para máis información véxase http://www.vieiros.com/nova/65287/olladas-de-muller-e-lapis-de-home).
Dada a boa acollida da actividade, como asociación de ámbito comarcal, desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade indicaron a súa intención de contribuír a consolidar un proxecto participativo coma este no que as mulleres son as protagonistas e quen toman as decisións.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



