Nota de Prensa
O BNG ACUSA AO PP DE OLVIDARSE DE FOZ NOS ORZAMENTOS DA XUNTA
“¿Onde están as obras prometidas do PP coma o Servizo de Urxencias ou o Centro de Día?”, pregunta Basanta
O BNG de Foz valora os orzamentos da Xunta como practicamente nulos no que respecta ás inversións previstas para o Concello de Foz. A única inversión que aparece é unha partida de 300.000 € para obras de dragado e aumento de atraques nas instalacións portuarias, inversión que ademais xa estaba contemplada levala adiante polo anterior executivo e que polo tanto non é nada novo.
O BNG bota en falta nos Orzamentos do 2010 inversións fundamentais para Foz en canto a creación de emprego e servizos sociais. Esto demostra que o PP na Xunta non ten ningunha intención de axudar á xente a saír da crise económica na que estamos e que foi provocada precisamente polo mesmo modelo privatizador e especulativo que o PP defende, un modelo que non cre nos sectores productivos do pais nin nas axudas aos sectores da sociedade máis desfavorecidos. De aí que só de dedicase no tempo que levan gobernando a desmantelar e paralizar proxectos do BNG sen ter máis alternativa que a destrucción e a privatización de todos os servizos públicos: “A política de Feijoo é a versión galega da política de Aguirre en Madrid” e iso os galegos non podemos permitirllo.
Desta maneira, o PP non contempla nos seus orzamentos ningunha das obras que prometeron e que reivindicaron na anterior lexislatura para Foz. Así, non aparece un só euro para o tan demandado Servizo de Urxencias de 24 horas, do que o deputado pola Mariña do PP, o Sr. Balseiro, non se cansou de reclamar pedindo os votos do BNG para sacalo adiante. “Agora Sr. Balseiro, ten a oportunidade de votar vostede en contra destes orzamentos se non recollen este servizo tan necesario para Foz” porque coma antes, só se necesita un voto para sacalo adiante e así Foz estaríalle moi agradecido e podería confiar aínda na súa palabra. Ademais, agora con máis motivo, porque o PP ten maioría absoluta na Cámara Galega, o que non tiña o BNG.
Tampouco se recolle ningunha partida para o Centro Residencial de Día unha vez que o Concello –cos votos tamén do PP local- aprobara ceder os terreos para a súa construcción. Esta Residencia dotada á vez cun Centro de Día, que tanta falta lle fai a Foz pola situación tan preocupante do Asilo, suporía un servizo que por dereito propio merece o noso concello por todas as persoas que o necesitan e que teñen que buscar prazas noutros concellos limítrofes ademais de supór moitos postos de traballo para persoal sanitario e de servizos múltiples.
O BNG proporá no seguinte pleno que se realice unha moción para que estas obras e algunha máis se contemplen nos orzamentos da Xunta para o próximo ano, esperando que o PP non só a apoie senón que reclame dos seus compañeiros de partido unha rectificación na elaboración dos presupostos para que estas obras se inclúan. Se non fora así, a credibilidade do PP local e da Mariña quedaría polo chan, se non o está xa.



















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



