A MARIÑA .- Ourol e Ribadeo son os únicos concellos de A Mariña que participan no estudo sobre o ciclo integral da auga, nos concellos da provincia de Lugo, que está a elaborar a Deputación co fin de aforrar custes ás entidades locais. Trátase, anunciou Antonio Gato, dun estudo sobre a situación de servizos de abastecemento de auga potable, sumidoiros e depuración, así como da xestión de contadores e facturación no que participan 23 comncellos.
Nota de Prensa
A Deputación contrata as primeiras obras do canon 08-09 de Pobra de Brollón, Pantón e Quiroga
– A Xunta de Goberno aprobou pola vía de urxencia as obras destes Concellos que suman 354.528 euros
– Gato Soengas destacou a celeridade coa que está actuar o organismo provincial e subliñou que “é unha cuestión histórica, xa que sen estar obrigados por unha sentenza, a Deputación empezou esta andaina que leva a cumprir cos outros 15 municipios, e que se traduce en obras importantes para eles”
– O organismo provincial está a elaborar un estudo sobre o ciclo integral da auga en 23 Concellos da provincia para aforrar cartos ás entidades locais
– A Deputación acondicionará a estrada de Muñis a Rao, en Navia de Suarna, incluída no POS 2009 Complementario
A Xunta de Goberno aprobou este venres, fóra da orde do día e pola vía de urxencia, a contratación das primeiras obras do Plan de Obras 2008-2009 do canon dos Concellos de Pantón (PP), Pobra de Brollón (BNG) e Quiroga (PP), que suman 354.528 euros, e que sen inclúen dentro dos 15 municipios que non teñen unha sentenza que obrigue á Deputación a facer este investimento. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “isto demostra a celeridade coa que está actuar o equipo de goberno. No mes de setembro o Presidente iniciou a rolda de entrevistas cos Alcaldes dos municipios que teñen producción hidroeléctrica, á marxe de Chantada, para pechar as obras e, nestes momentos, cando aínda non pasaron dous meses, xa só faltan Guntín, Paradela e Carballedo, cos que se chegará a un acordo nos vindeiros días”.
As obras aprobadas en Pantón ascenden a 170.250 euros e inclúen a renovación e condución da traída de augas na rúa Chao Falcón e captación de auga en Bazal. En Pobra de Brollón, o investimento que realizará o organismo provincial é de 157.279 euros. Neste caso, os traballos comprenden a mellora de varios accesos no termo municipal de Pobra, sinalización e instalación de mobiliario urbán. Finalmente, en Quiroga acondicionaranse os accesos das parroquias de Bendollo, Bendilló e Cereixido, por valor de 26.999 euros.
Gato Soengas subliñou que “esta é unha cuestión histórica que é innegable e indiscutible, xa que se estar obrigados por unha sentenza como era o caso de Chantada, a Deputación empezou esta andaina que leva a cumprir cos outros 15 Concellos, e que se traduce en obras importantes”.
En vindeiras Xuntas de Goberno seguiranse contratando máis obras nestes e no resto de Concellos. Para todos eles, a Deputación aprobou 6.098.876 euros -amparados polo Plan Económico-Financieiro da Deputación- dos que 4.065.917 euros corresponden ás dúas primeiras anualidades.
Auditoría da auga
Antonio Gato tamén anunciou que o organismo provincial está a elaborar un estudo sobre o ciclo integral da auga nos Concellos da provincia para aforrar custes ás entidades locais. A esta iniciativa de Cooperación adheríronse inicialmente 23 Concellos: Abadín, Baralla, Begonte, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Láncara, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Ourol, Paradela, A Pastoriza, Pobra de Brollón, Pol, Portomarín, Rábade, Ribadeo, Samos, Sarria e Taboada .
Trátase dun estudo sobre a situación de servizos de abastecemento de auga potable, sumidoiros e depuración, así como da xestión de contadores e facturación. “Permitirá coñecer o ciclo integral da auga e proceder á toma de decisións que se poidan levar a cabo. O importe deste estudo ascende a 23.500 euros. Este é un asunto oportuno porque o goberno de Feijóo anda a elaborar un proxecto de lei de augas de Galicia, que non tivo o beneplácito da FEMP, xa que non trata o ciclo integral e o que vén é a consolidar unha situación de recadación”.
Sentenza favorable
Na Xunta de Goberno deuse conta dunha sentenza do Tribunal Supremo que recoñece o dereito de concelleiros e deputados provinciais a recurrir calquera decisión dos seus gobernos. Finalmente, a Sala deulle a razón ó Deputado, Manuel Martínez, quen interpuxera un recurso contra unhas bases de contratación de personal aprobadas polo anterior equipo de goberno da Deputación. Gato Soengas subliñou que “é un éxito personal e político. Foi un proceso longo, pero permitiu conseguir un dereito que non tiñamos. Sen dúbida ningunha, o compañeiro de Corporación defendeu con tenacidade un dereito fundamental recollido na Constitución, que e ó dereito á participación política, pero que se viña denegando constantemente pola anterior Deputación”.
Outros acordos da Xunta de Goberno
A Deputación acondicionará a estrada de Muñis a Rao, en Navia de Suarna, incluída no POS 2009 Complementario. A Xunta de Goberno deu o visto e prace ó proxecto que conta cun investimento de 285.383 euros.
Tamén se aprobaron dúas contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2008. Pertencen ós Concellos de Vilalba e As Nogais. Suman 29.415 euros, dos que a Deputación achega 22.061. O organismo provincial tamén subvencionará o programa de desenvolvemento rural nos Ancares con 312.094 euros e que afecta ó grupo de acción local de Triacastela, Navia de Suarna, As Nogais e Baralla. Esta actuación enmárcase dentro do programa europeo Leader Plus.
Asimesmo, tamén se aprobou o convenio de colaboración entre a Deputación e o Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas para a realización do curso semestral “Sostibilidade nos procesos construtivos: o emprego de materiais reciclados na construción de estradas”. O organismo provincial subvenciona esta actividade con 25.000 euros






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



