Nota de Prensa
O GPPP acusa a Besteiro de desorganización dos recursos propios para paliar os efectos das nevaradas
* Como exemplos da improvisación coa que traballa Besteiro os populares explicaron que as cuñas dos dous camións quitaneves non se montaron ata esta mesma mañá, e que as motoniveladoras estiveron paradas no parque móvil al menos ata o mediodía
Venres, 8 de xaneiro de 2010.- O GPPP acusa ao goberno provincial da deputación de “falta de previsión” lamentando a “desorganización” dos recursos propios para paliar os efectos das nevaradas das últimas horas. O voceiro adxunto dos populares dixo entender que se pode desbordar a situación pero cualificou como “fallos imperdonables que as cuñas dos dous camións quitaneves da deputación non se montaran ata esta mesma mañá”. A xuizo dos populares tamén é imperdonable que as motoniveladoras da deputación estivesen paradas, al menos ata o mediodía de hoxe, cando o normal é que en circunstancias como as de hoxe estivesen a traballar a pleno rendemento na limpeza das estradas.
Por último chámalles a atención que o silo de sal do parque de Garabolos da deputación, pese a que a previsión das nevaradas se sabía con antelación, estivese dende esta mesma mañá esgotado.
Barcia recrimina ao Presidente Provincial que para as estradas da deputación con máis trafico non se preveran as medidas necesarias para mantelas abertas.
En concreto o voceiro provincial explicou que en viais como a estrada Friol – Parga dous camións con aves tiveron que pasar a noite enteira á intemperie e ao mediodía seguían parados no mesmo punto quilométrico moi próximo a Parga.
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



