NOTA DE PRENSA:
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, denuncia que de aprobarse o
POL, condicionará completamente o urbanismo do Concello de Viveiro
nun futuro inmediato.
O POL afecta a un total de 3000 hectáreas, das cales máis de 1800 por
riba dos 500 metros.
O POL impedirá edificar nun total de 20 hectáreas calificadas na
actualidade como urbanizábel ou urbano non consolidado.
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, analizou na xuntanza do Consello
Local a afección que o Plan de Ordenación do Litoral elaborado pola Xunta de
Galiza terá no noso concello.
O POL afecta no noso Concello a un total de 3000 hectáreas, das cales máis
de 1800 hectáreas, por riba dos 500 metros a liña do mar.
Das 3000 hectáreas, 620 corresponden coa area de protección, na que non
está permitido ningún uso residencial, 390 hectáreas de mellora ambiental e
paisaxística, na que agás excepcións non se permiten usos residenciais, e
1980 hectáreas coa area de ordenación cuxos usos terá que determinar o
Concello no PXOM.
Resúltalle curioso ao BNG a actitude do PP, cando criticaban a base de
mentiras o Plan presentado durante o Bipartito, dicindo que non ían permitir
edificar baixo a franxa dos 500 metros, e agora neste plan preséntase que un
total de 1800 hectáreas serán ordenadas por riba desta franxa. O 60% do solo
de Viveiro ordenado por este plan está por riba dos 500 metros.
Ademais, di o BNG, resulta incríble a falta de rigurosidade que se atopa na
redacción do plan, por poñer varios exemplos: Regulase como zona de
Protección o Penedo do Galo, e deixase San Roque sen ningún tipo de
ordenación, Píntanse en Xunqueira zonas de protección de montes, en terreos
nos que non hai ningún tipo de árbore. Non se identifica ningunha edificación
tradicional en Xunqueira, Covas, e Cantarrá, polo que se condicionará de forma
moi grave o crecemento destas zonas.
A falta de rigurosidade, e o exemplo claro da realización do plan mediante
fotos aéreas, sen analizar o terreo “in situ”, obsérvase claramente entre outros
moitos exemplos antes mencionados, na zona de Verxeles: a estación do tren,
non aparece como edificación tradicional, pero si os novos edificios executados
onde a antiga discoteca, na Avda. de Ferrol.
O Consello Local do BNG considera que o Plano establece usos do solo sen
atender a criterios regrados, na máis absoluta discrecionalidade, plantexando
solución distintas para realidades que son iguais, criando inseguridade xurídica
e abre a porta ao urbanismo a carta, realidade tan coñecida neste Concello.
Nesa liña os nacionalistas solicitan que o PP explique por que non se pode
edificar en solo clasificado actualmente como solos urbanizables ou urbanos
non consolidados, nun total de 20 hectáreas.
Os nacionalistas consideran de gravidade, o intervencionismo do PP no
urbanismo local, realizando un urbanismo a carta, e con liñas de solo urbano
ou de núcleo, trazadas de forma bastante sospeitosa, como poden ser
determinadas zonas de Covas, Cantarrá, Celeiro e Viveiro. Ademais o Plan
determina núcleos como Xunqueira, Magazos e Faro entre outros, nos que o
núcleo queda prácticamente reducido a metade, ao atoparse en solo de
Protección de Mareas, ou en Solo de Protección de Montes. No Caso de
Escourido e Area, os núcleos quedan prácticamente eliminados ao calificar o
primeiro como solo de protección de ríos, e o segundo como solo de protección
de mareas.
Os nacionalistas urximos que o Goberno Local poña en marcha a comisión de
estudo proposta polo BNG afin de estudar este documento, dadas as
repercusións que o mesmo ten para os veciños de Viveiro. Neste sentido non
podemos máis que lamentar que neste caso volvese a evidenciar unha
ausencia de Goberno, posto que é precisamente nos temas importantes onde
este ten que existir. Na mesma liña urximos do PP un posicionamento claro
sobre o mesmo, e que lle clarifique aos veciños de Viveiro se están do lado dos
veciños de Viveiro ou están a defender outros intereses




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



