CERVO .- A rotura dun tramo da rede de subministro de auga na avenida da Veiga, en San Cibrao, provocou que o subministro de auga aos domicilios da zona se vira interrompido. Ao tempo formouse un asolagamento nun tramo da vía de FEVE. A brigada municipal de obras solventou a avaría.
Nota de Prensa
A BRIGADA MUNICIPAL DE OBRAS SOLVENTA UNHA ROTURA DE AUGA QUE OCASIONOU ASOLAGAMENTOS NA VÍA DE FEVE
Cervo, 29 Abril de 2010.- Ao redor das doce da noite desta pasada madrugada a brigada de Obras municipal e os Servizos de Emerxencia do Concello de Cervo (Policía local e Protección Civil) e da Garda Civil mobilizáronse para solventar os desperfectos ocasionados pola rotura dun tramo da rede de subministro de auga na Avenida da Veiga, no núcleo de poboación de San Cirpián.
Segundo sinalou o alcalde, Alfonso Villares -o cal estivo tamén presente no lugar do sucedido-, a rotura dunha tubaxe de fibrocemento provocou que o subministro de auga aos domicilios da zona se vira interrompido, ao tempo que formou un asolagamento nun tramo da vía de FEVE.
A proximidade da vía do tren ao lugar da rotura (apenas 3 metros) motivou que o propio alcalde se puxera en contacto a través do 112 con FEVE para informarse das previsións de paso dalgún convoy de transporte ou de mantemento pola vía “co obxecto de garantir a integridade e a seguridade dos traballadores municipais”, sinalou.
“Unha vez que nos aseguramos que non ía a pasar ningún tren ata as seis e media da mañá os operarios municipais iniciaron os traballos de substitución do tramo roto e a tubaxe quedou finalmente reparada en torno ás tres e media da mañá” indicou Villares. Neste sentido o alcalde quixo salientar a labor dos membros da brigada de Obras municipal, “os cales traballaron arreo para restablecer o subministro e isto é algo digno de mención” indicou.
Por último, Villares lembrou que o tramo de tubaxe no que se produciu a avaría é un dos poucos da antiga rede de fibrocemento que aínda quedan en servizo en San Ciprián e recordou tamén que nos vindeiros días está previsto que dean comezo os traballos de mellora e substitución destas tubaxes antigas, os cales están valorados en preto de 210.000 euros. “Precisamente hai un par de días que os técnicos de Augas de Galicia e da empresa adxudicataria estiveron no concello para programar o inicio destes traballos” recalcou o rexedor.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



