Nota de Prensa
O BNG INTERESASE NO PARLAMENTO POLAS INTENCIÓNS DO PP PARA A CONSERVACIÓN DESTE XACEMENTO
Os nacionalistas reclaman a conservación in situ do xacemento tal como ditaminara a anterior Dirección Xeral de Patrimonio
Os nacionalistas cren que o Partido Popular esqueceu o que demandaba fai un ano en relación á conservación do Castro da Atalaia
A Mariña, 8 de marzo de 2010. O BNG por medio do parlamentar nacionalista, Fernando Blanco, rexistrou unha iniciativa no Parlamento Galego a fin de que responsábeis da Consellaría de Cultura e Turismo, expliquen cales son as intencións da Xunta de Galiza en relación ao xacemento de Punta Atalaia en San Cibrao, incluído no Inventario de bens da Dirección Xeral de Patrimonio por resolución de 19 de abril de 2007. O BNG interpelará á Consellaría de Cultura e Turismo para saber se mantén as intencións da anterior Dirección Xeral de Patrimonio que pretendía a conservación “in situ” os restos do asentamento prerromano descubertos na zona. Ademais queren coñecer si a Xunta mantén as demandas explicitadas mediante iniciativas presentadas polo parlamentar popular, José Manuel Balseiro, tanto no concello de Cervo como moción, como mediante Proposición Non de Lei, presentada no parlamento, na que instaba á Consellaría de Cultura á compra dos terreos afectados polo xacemento.
Iniciativas para coñecer as intencións da Xunta en relación á conservación do xacemento
O BNG interesarase polas intencións da Consellaría de Cultura para a protección do Castro da Atalaia tendo en conta que as catas arqueolóxicas ordenadas pola anterior Dirección Xeral de Patrimonio puideran estar a piques de rematar. Os nacionalistas queren saber cal é a posición actual do Partido Popular a respecto deste xacemento e lembraron que as últimas demandas do parlamentar Balseiro fai escasamente un ano, reclamaban a súa compra por parte da administración galega, cando estaba na oposición. A evidencia e numerosos informes técnicos acreditan a importancia do Castro de Punta Atalaia, agora queda por coñecer de que maneira se vai conservar.
O BNG defende a conservación in situ do xacemento en liña coa aposta da anterior Dirección Xeral de Patrimonio.
Os nacionalistas “apostan pola conservación “in situ” e posta en valor do xacemento de Punta Atalaia como elemento cultural de gran valor patrimonial e reclamo turístico de primeiro orde para a vila de San Cibrao e o concello de Cervo”. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, fixo fincapé no feito da existencia deste xacemento “que para si quixeran moitos concellos xa que con este patrimonio conservado e visitábel, a oferta cultural e turística do concello sería veríase incrementada dun xeito relevante”. Para Estúa agora o importante e coñecer cales son os informes emitidos despois das últimas prospeccións arqueolóxicas, si e que estas están rematadas, e cal vai ser a solución que ofrece o actual goberno galego para o Castro da Atalaia.
Críticas ao goberno local por non defender un patrimonio ao que se lle pode sacar un gran beneficio cultural e turístico.
“Estúa criticou a falla de sensibilidade dun goberno municipal que coñecendo a existencia dun ben patrimonial destas características foi capaz de mirar cara outro lado cando corre perigo de destrución, ou da o visto bo a licenzas de construción coñecendo a súa existencia e sen informar a Patrimonio ou ao propio promotor.” Neste sentido, “Estúa lamentou que tiveran que ser os veciños e a oposición municipal quen se puxera á fronte da defensa dun xacemento que o concello negou durante moito tempo, até que as evidencias lles fixeron cambiar o discurso”. Estúa incidiu nas súas críticas ao goberno local que tratou de impedir o inventariado do castro mediante a presentación dun recurso en xuño de 2007.




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



