BURELA .- Burela estará presente na XXXV edición da feira de mostras de Arévalo 2010 que terá lugar do 29 de abril ao 2 de maio.O concelleiro delegado de Turismo, José González Legazpi, asegura que “nesta feira atópanse representados os sectores institucionais, turísticos, artesanais e agroalimentarios e compreméntase tamén coa representación dos bodegueiros de viños e licores e mesmo cun espazo adicado á maquinaria agrícola e automoción”.
O edil nacionalista engade que “conxuntamente celébrase tamén en Arévalo a feira de antigüedades que xa vai pola súa XXIII edición. Ésta ten coma característica principal a exposición de pezas de alta época dunha antigüedade mínima de 100 anos; en definitiva, un espazo amplo e plural donde Burela, dará a coñecer os seus atractivos turísticos, gastronómicos, a súa historia e demáis, como en anos anteriores a través dun stand apropiado en espazo e distrubución”.
O responsable de Turismo de Burela explica que “acudimos á feira de mostras de Arévalo por cuarta vez, porque entendemos que na promoción e na divulgación atópase a consecución dos obxectivos turísticos, entre outras cousas, a potenciación radica en manterse naquelas feiras de interés. E a de Arévalo polo seu propio asentamento e a súa cercanía con Madrid é interesante para a promoción de Burela coma destino vacacional, para divulgar a nosa gastronomía e todo o que ten interese no ámbito turístico e mesmo residencial”.
No que vai deste 2010, Burela estivo presente xá en Fitur en Madrid, en Expourense, e recentemente no Salón Internacional de Barcelona a través de Turgalicia e agora en Arévalo en Ávila. E nos vindeiros meses acudirá a Ferrol, a Vigo, a Valladolid, a Bilbao e a Xixón, “para seguir valorizando o noso interese turístico e gastronómico, no senso de afianzar e posibilitar cotas de crecemento para Burela dentro do ámbito turístico, e por tanto de potenciación xeral para a economía do Concello”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



