FOZ .- O Delegado da Área Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga fixo entrega na tarde de onte dos trofeos aos finalistas das competicións de cadetes e junior do torneo “Basketfoz 2010”, acompañado polo alcalde de Foz José María García Rivera e o xerente de “Promociones Primera Calidad”.
Na terceira edición deste torneo de baloncesto que tivo lugar na vila de Foz entre o 27 e o 31 de marzo, participaron doce equipos, seis cadetes e seis junior.
O Delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, felicitou á organización deste evento deportivo, o C.B. Celtas de Foz, polo tesón na organización deste evento que chega neste ano á súa terceira edición. “Veiga salientou a importancia da celebración destes eventos para potenciar o deporte base e ofrecer aos mozos e mozas participantes un estilo de vida saudábel a través da practica deportiva”.
Neste sentido, o nacionalista explicou, “a aposta da Área de Cultura por este tipo de eventos e clara e será permanente, como ven sucedendo cada vez que o C.B. Celtas de Foz solicita o apoio da Deputación, saben que poden contar con nos”
Nesta terceira edición do torneo “Basketfoz 2010”, participaron doce equipos, seis en categoría junior e seis en cadetes na modalidade de triangular cruzado, co equipo anfitrión, o C.B. Celtas Foz, Arteixo, C.B. Santurzi, C.B. Corpi, Colegio Leonés e Grupo Covadonga de Xixón en categoría junior e os equipos C.B. Celtas Foz, C.B. Valencia, C.B. Corpi, Grupo Covadonga de Xixón, Santo Domingo de Betanzos e Tirso de Molina de Ferrol na categoría cadete.























O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.