CERVO .- Os alcaldes de Cervo, Alfonso Villares, e de Burela, Alfredo Llano, coñeceron no día de hoxe os pormenores de como están a transcorrer os traballos da nova rede de abastecemento de auga que dará servizo aos municipios de Cervo e Burela. O consorcio formado polos dous Concellos e Augas de Galicia será o encargado de xestionar o subministro unha vez rematen os traballos da nova rede.
Nota de Prensa
Os alcaldes de Cervo e Burela coñeceron esta mañá os pormenores do funcionamento desta nova infraestrutura da man dos responsables das obras
A ESTACIÓN POTABILIZADORA DA SENRA ABASTECERÁ DE AUGA AOS CONCELLOS DE CERVO E BURELA A FINAIS DE VERÁN
* O consorcio formado polos dous Concellos e Augas de Galicia será o encargado de xestionar o subministro unha vez rematen os traballos da nova rede
* Esta nova estación de tratamento de auga potable permitirá eliminar os puntos de bombeo que actualmente existen no municipio de Cervo
Cervo, 16 de abril de 2010.- Os alcaldes de Cervo, Alfonso Villares, e de Burela, Alfredo Llano, coñeceron no día de hoxe os pormenores de como están a transcorrer os traballos da nova rede de abastecemento de auga que dará servizo aos municipios de Cervo e Burela.
Rexedores e técnicos de ámbolos dous municipios estiveron acompañados na súa visita polo director técnico da obra e polos responsables da empresa Espina y Obras Hidráulicas, encargada dos traballos desta infraestrutura. Segundo explicou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a xornada serviu coma unha primeira toma de contacto “para ir coñecendo os pormenores destas novas dotacións e tamén para ir clarexando posibles detalles que aínda quedan pendentes antes de que entre a funcionar a nova rede de auga” sinalou.
Na visita ás instalacións da nova estación de tratamento de auga potable (ETAP), situada na parroquia da Senra, o director técnico das obras explicou aos asistentes os pormenores do sistema de potabilización ao que se someterá a auga que despois de distribuirá desde este punto ás redes de Cervo e Burela e adiantou que de cumprirse os prazos previstos, a estación podería entrar en funcionamento á volta do verán.
30 quilómetros de tubaxes
Os traballos da nova rede de subministro de auga para Cervo e Burela comezaron en setembro de 2007 e o seu investimento global superou lixeiramente os 5,4 millóns de euros. As obras centráronse na construción dunha nova estación de tratamento de auga potable (ETAP) na Senra, que recibirá a auga dende o embalse de Rúa e dende o encoro do río Cobo, aínda que esta última captación só se utilizará en casos puntuais e de emerxencia para garantir o subministro aos dous municipios. Para isto construíuse unha condución de máis de 8,5 quilómetros dende o encoro de Rúa ata a nova ETAP e se acometeu unha nova captación de 4,5 quilómetros de lonxitude dende o encoro de Río Cobo á ETAP da Senra. Paralelamente a isto se construíu unha rede de condución da auga tratada para levar a auga potable a tódolos puntos dos dous municipios e a cal ronda os 30 quilómetros de lonxitude.
A ETAP da Senra ten unha capacidade posúe uns depósitos de 2.500 metros cúbicos e poderá potabilizar 120 litros de auga por segundo. Segundo os estudos técnicos a capacidade de tratamento da estación da Senra poderá cubrir as necesidades de ámbolos dous municipios nos vindeiros 25 anos e ten ademais a posibilidade de aumentar nun 50% a súa capacidade do seu tratamento inicialmente previsto.
As previsións dos técnicos cuantifican en 3.886.812 metros cúbicos os que poderán ser tratados anualmente nesta nova ETAP e os seus custes de explotación rondarán os 645.000 euros ao ano, mentres que o prezo do metro cúbico de auga tratada será de 0,166 euros.
Subministro por gravidade
Segundo o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a xuntanza desta mañá cos técnicos foi un dos últimos pasos para conseguir materializar esta obra “tan demandada non só por Burela, se non tamén polos veciños do nosos termino municipal”. Neste senso lembrou que máis do 95% desta obra transcorre por territorio cervense e que os embalses que abastecerán a ámbolos dous concellos están situado neste municipio. “Por iso, para Cervo sempre foi importante esta obra e así o defendemos en todo momento diante de Augas de Galicia co obxectivo de conseguir darlle un trato preferencial as zonas rurais do noso municipio por onde ían a pasar as novas canalizacións” lembrou Villares.
O alcalde salientou tamén que esta nova rede de abastecemento traerá consigo a eliminación dos dous puntos de captación de auga mediante bombeo que actualmente existen no termo municipal. “Cando esta nova rede de auga entre en funcionamento todos os veciños do noso concello recibirán a auga por gravidade, co conseguinte beneficio que isto supón. Poderemos, pois, prescindir dos bombeos do río Rato e do río Cobo, e só se utilizaría o bombeo entre o embalse de Río Cobo e A Senra en casos de extrema urxencia e necesidade” recalcou Villares.
Unha vez estean rematadas as obras a xestión da rede de subministro e da ETAP da Senra pasará ser responsabilidade do consorcio no que están representados o organismo público Augas de Galicia e os Concellos de Cervo e de Burela.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



