SANTIAGO .- Segundo informa ADEGA, o Parlamento de Galiza vén de aprobar por unanimidade unha moción pola que ínstase a Xunta a informar negativamente sobre a concesión “Salto do Suarna”, no río Navia, e pide ao estado que decrete a caducidade da concesión, que data de 1963. Na sesión plenaria que tomou este acordo estiveron presentes en nome de ADEGA o seu secretario xeral Froilán Pallín xunto cunha representación dos veciños e colectivos locais afectados por esta infraestrutura. ADEGA agarda que o MMARM atenda o acordo unánime do Parlamento de Galiza que a maiores demanda a declaración do Navia como río libre de aproveitamentos hidroeléctricos.
Esta concesión hidroeléctrica e as súas sucesivas metástases teñen feito que dende os anos 60, a comarca dos Ancares e do Alto Navia teñan pagado xa moi graves impactos en forma de abandono, carencia de futuro e despoboamento. É tempo xa de practicar unha política hidráulica con outras prioridades, en concordancia cos principios da Directiva Marco da Auga, recuperando e preservando os ecosistemas fluviais e a calidade da auga para beneficio e desfrute da veciñanza e as xeracións futuras.
Asemade, ADEGA agarda que a Xunta actúe en consecuencia e decrete o “punto final” para as concesións hidroeléctricas nos nosos ríos no Plano Sectorial Hidroeléctrico actualmente en revisión, en consonancia co aprobado na Lei de Defensa dos Ríos Galegos. Os ríos galegos están xa sobreexplotados, e vai sendo hora de que recuperen a súa función como axentes xeradores de vida e deixen de servir en exclusiva aos intereses das eléctricas.
Texto da iniciativa aprobada
1-O Parlamento de Galiza acorda manifestarse en contra da construción do encoro denominado “Salto de Suarna” na conca alta do río Navia, en territorio dos concellos da Fonsagrada, Navia de Suarna (en Lugo) e Ibias (Asturias), promovido pola empresa “Saltos del Navia”.
2- O Parlamento de Galiza insta á Xunta de Galiza a:
-Que no uso das súas competencias exclusivas en materia de medio ambiente para o territorio galego, presente alegacións contrarias ao Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto de Aproveitamento Hidroeléctrico do Salto de Suarna e adopte as medidas precisas para preservar os recursos naturais do río Navia e da súa conca.
-Reclamar ao Goberno Central a anulación definitiva da concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Navia á empresa concesionaria, que data de 1963, atendendo deste xeito á histórica demanda social e institucional dos concellos da Fonsagrada e Navia de Suarna.
-Que se solicite do Goberno de España a incorporación da declaración do río Navia libre de novos aproveitamentos hidroeléctricos no Pan Hidrolóxico Nacional que se está a realizar neste intre.
-Poñer en marcha os Plans de Ordenación e de Xestión dos recursos naturais das distintas figuras de protección ambiental declaradas neste territorio como son o LIC, a reserva da biosfera e a Rede Natura 2000.
-Que favoreza o mellor aproveitamento dos recursos naturais da comarca do Alto Navia (agropecuarios, forestais, cinexéticos, piscícolas, recreativos…) dentro do plan Impulsa Lugo para compensar, na medida do posíbel, o atraso económico producido pola permanente ameaza dos encoros nos últimos 70 anos.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



