CERVO .- A asociacion sociocultural Ponte da Salgueriña de Figuerido, en Cervo, organiza o próximo fin de semana, os días 18, 19 e 20 de xuño, as festas de San Luis,
Como presidente da ASOCIACION SOCIO-CULTURAL PONTE DA SALGUERIÑA de Figuerido (Cervo) teño a ben enviarvos a programacion das festas de SAN LUIS
que celebramos o próximo fin de semana (18, 19 e 20 de xuño).
Por eso temos a ben pedirvos que lle deades a máxima difusión posible para lograr que podamos encher o noso povo de xente desfrutando das nosas festas; e para os cales elaboramos un programa ambicioso onde teñen cabida algunhas das mellores orquestras de Galicia e moitas actividades.
NOTA DE PRENSA
ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL PONTE DA SALGUEIRIÑA
FIGUERIDO – CERVO (Lugo)
FIGUERIDO 2010
FESTAS NA HONRA DE SAN LUIS
DIAS 18 ,19 E 20 DE XUÑO
DIA 18
20:00 CHUPINAZO QUE ANUNCIA O INICIO DAS FESTAS
23:00 FESTA RACHADA COA ORQUESTRA PALLADIUM (ANTES CHAMADA “SUAVECITO”)
01:00 QUEIMADA POPULAR A CARGO DO BRUXO XOSE VICENTE MON
DIA 19
09:00 CHUPINAZO QUE ANUNCIA O INICIO DO DIA GRANDE DAS FESTAS
11:00 PASACORREDOIRAS A CARGO DOS GAITEIROS DE AIRIÑOS DO XUNCO
13:00 MISA SOLEMNE NA HONRA DE SAN LUIS NO CAMPO DA FESTA
14:00 SESION VERMOUTH CON LEMBRANZA
22:30 FESTA RACHADA CON
PHILADELPHIA E LEMBRANZA
DIA 20
17:00 DEMOSTRACIÓNS DE XOGOS POPULARES A CARGO DE FRANCISCO PIÑEIRO
18:00 II XORNADAS DO XABRÓN ARTESANAL





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



