Recuperar o mellor do noso pasado para facelo presente hoxe é un obxectivo no que, ao longo das últimas lexislaturas, vén traballando de xeito intenso e decidido o Goberno municipal de Cervo. Así o demostran as actuacións desenvolvidas no paseo marítimo de San Ciprián, recuperando as antigas fábricas de salgadura ou os investimentos no conxunto histórico-artístico de Sargadelos.
Temos a oportunidade de celebrar unha boa nova despois de coñecerse que a Xunta financiará o 100% do investimento necesario –supera o millón de euros- para que San Ciprián conte cunha gran praza pública, un espazo libre, para o ocio e esparexemento … xusto no centro do pobo, recobrando o lugar que no pasado ocupou a privilexiada área dos Campos.
Coa apertura da multinacional do aluminio o noso pobo mudou substancialmente o seu aspecto como consecuencia da necesidade de novas vivendas para os veciños que chegaban, e servizos complementarios que levaron a construción de varios centros educativos, un deles o Mestre Rivera Casás que implicou a desaparición deste espazo libre dos Campos.
Hoxe a realidade é ben diferente, as instalacións están en desuso e con cada ano que pasa resulta máis evidente a necesidade dun gran espazo público, dunha gran praza, dun emprazamento neurálxico para as nosas principais festas ou para o mercado semanal, e que ademais disporá novos espazos verdes, zonas para o xogo infantil e para a práctica deportiva.
Os mesmos que hoxe negan este proxecto era os que pretendían enganar afirmando que alí queríamos construír edificios, e os que sempre se negaron a algo tan positivo como é que hoxe convivan nun mesmo centro as nenas e nenos de San Ciprián, formando unha soa comunidade educativa, sen divisións, sen diferencias, sen enfrontamentos. Ademais habilitar alí o centro de día ou o gardería non é factible, porque os edificios non valen e habería que demolelos e construír novos coas características que agora demandan este tipo de instalacións.
A nova praza do Campos é un proxecto do pobo e para o pobo, que non suporá ningún tipo de custe para as arcas municipais e que resposta a unha demanda social amplamente consolidada. O actual Goberno da Xunta de Galicia cumpre así, unha vez máis, unha histórica reivindicación dos veciños desta vila e do conxunto do concello. San Ciprián recupera un espazo público relevante, que foi un punto de encontro para os veciños no pasado e, afortunadamente, o volverá a ser no futuro.
José Manuel Balseiro Orol
Tenente de alcalde e edil de Urbanismo Concello de Cervo




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



