Nota de prensa:
AS PATRULLAS NOCTURNAS DA POLICÍA LOCAL DEIXARONSE DE FACER DENDE QUE ALFONSO VILLARES É ALCALDE DE CERVO
AS PATRULLAS NOCTURNAS REALIZARONSE EN MAIOR OU MENOR MEDIDA E SEMPRE COMA MÍNIMO NOS FINS DE SEMANA DURANTE O PERÍODO ESTIVAL. Esto cambiou dende a chegada de alfonso villares Á ALCALDÍA DE CERVO NO ANO 2007
CERVO, 30 DE OCTUBRO. O servizo de vixilancia nocturna por parte da policía local que nega agora o alcalde de Cervo, se venia realizando en maior ou menor medida, e sempre coma mínimo nos fins de semana do período estival. Foi coa chegada de Alfonso Villares á alcaldía de Cervo no ano 2007, cando este servizo deixou de realizarse, en detrimento dos veciños e veciñas do concello, especialmente nos meses onde mais se necesita polo incremento da poboación. Sen embargo o alcalde non chegou ao goberno no 2007, senón que o fixo hai mais de 11 anos, un tempo mais que suficiente para saber e coñecer que estas patrullas nocturnas realizábanse por parte dos compoñentes da policía local.
Polo tanto, só caben dúas opcións ante as declaracións pouco afortunadas do edil Cervense; ou ben que ignora e descoñece o funcionamento da xestión municipal ou ben quere mentirnos aos Cervenses; en todo caso calquera das dúas opcións son preocupantes se temos en conta que si é capaz de mentir en algo que se pode demostrar, que non fará con outros asuntos mais transcendentes.
Subvencións perdidas
Por si fora pouco a partires do ano 2008 e hata agora, o concello non volveu contratar Auxiliares de Policía para os meses de verao, a pesar de ter concedidas as subvenciones para elo. Polo tanto se o servizo de Policía ha ido mermando nos últimos anos, temos ben claro a quen debemos dita merma.
¿Qué pensa facer o alcalde co servizo de Policía Local?
O único certo que di o alcalde sobre a xestión da Policía Local e que os concellos de menos de 5.000 habitantes non teñen a obriga de ter este corpo, pero isto non deixa de ser unha verdade a medias, posto que Cervo conta co servizo a pesares da baixada de poboación. Polo tanto e unha vez que a perda de poboación non foi tida en conta polos alcaldes do PP para eliminar o servizo,
a súa obriga segundo a lei e a de dispoñer de dependencias específicas e adecuadas e garantir os medios técnicos idóneos e suficiente dotación orzamentaria; e punto nº 2, dispoñer dos medios humanos e materiais necesarios para garantir a prestación das súas funcións de forma axeitada.
Polo tanto, interesa aos veciños e industrias saber se o concello vai eliminar o servizo ou pola contra o vai potenciar.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



