Nota de prensa:
O CONCELLO SOLICITA QUE A XUNTA CONCERTE PRAZAS NO CENTRO DE DÍA DA FUNDACIÓN EU SON PARA PRESTAR ATENCIÓN ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA MARIÑA.
Burela, 29 de outubro de 2010. O Concello solicita que a Xunta concerte prazas no centro de día da Fundación Eu Son para prestar atención ás persoas con discapacidade intelectual da Mariña. Este asunto forma parte das actuacións reclamadas para Burela a través dunha moción do equipo de goberno que contou co apoio do PP.
A tenente de alcalde, Neves Cando, contou que “no pleno que celebramos onte en Burela desde o equipo de goberno presentamos unha moción para incluir certas actuacións nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano que teñen que ver con oso concello, porque como diciamos hai uns días o que aparece agora no proxecto de presupostos é unha vergoña e unha burla para todo nós. Falabamos de que só aparecían 760.000 euros para actuacións como o acceso ao porto e reformas e equipamentos no Hospital da Costa e isto é totalmente insuficiente para Burela e por certo a nosa moción foi aprobada por unanimidade é dicir contou co apoio do PP, o que demostra que nós tiñamos razón cando diciamos que a proposta da Xunta para Burela era claramente insuficiente e vergoñenta”.
A tamén concelleira de Benestar Social manifestou que “nós pedíamos, entre outras actuacións, o remate das obras do acceso ao porto no ano próximo, unha aposta decidida pola ampliación do Hospital da Costa e o seu plan director, a construcción dunha nova escola infantil na nosa vila, o dragado e limpeza do encoro de Rúa para mellorar o abastecemento de auga a Burela e tamén un punto que nos parece de vital importancia non só para Burela senón para toda a comarca que é a necesidade de concertar prazas por parte da Xunta no centro de día que xa está listo na Fundación Eu Son”. Neves Cando lembrou que “este ano xa se rematou a construcción de dito centro e o seu equipamento grazas ás subvencións aportadas pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da anterior Xunta e pola Deputación de Lugo. Este centro de día xa está autorizado pola Xunta para atender a 20 persoas con discapacidade intelectual e con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado, pero o problema é que despois de ternos entrevistado coa Dirección Xeral da Dependencia se nos di que non hai cartos para concertar o próximo ano prazas para usuarios deste centro de día, polo que aventuramos que será moi difícil que se poida utilizar polo sobrecusto que para as familias suporá asumir estas prazas sen ter apoio económico da Xunta como sí pasa no centro ocupacional da mesma fundación”.
A tenente de alcalde subliñou que “nós consideramos que éste é un tema prioritario e si como di a Xunta presenta uns orzamentos que apostan polos servizos sociais esta cuestión terá que ser solucionada para que as persoas con discapacidade da Mariña poidan aproveitar este centro de día que xa está listo para usar e que só precisa do apoio económico da Xunta a través do concerto das súas prazas”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



