Nota de prensa:
A iniciativa, promovida polo deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro, busca blindar a chegada desta infraestrutura enerxética para o seu uso doméstico e industrial
O PARLAMENTO DE GALICIA DEMANDA, POR UNANIMIDADE, QUE O GOBERNO CENTRAL GARANTA A SUBMINISTRACIÓN DE GAS NATURAL NA MARIÑA LUCENSE NON MÁIS ALÁ DO ANO 2012
* “As familias e as empresas desta comarca tamén teñen dereito a dispoñer non horizonte temporal próximo da enerxía do futuro: o gas natural; máis barato, máis limpo, máis seguro e máis práctico que os combustibles actuais”.
Santiago, 22 de outubro de 2010.- O Parlamento de Galicia demanda, por unanimidade, que o Goberno central garanta a subministración de gas natural no conxunto dos concellos da Mariña lucense non máis aló do ano 2012. A iniciativa, debatida no día de hoxe na Comisión de Industria da Cámara galega, foi promovida polo deputado do Grupo Parlamentario Popular Jose Manuel Balseiro. Con ela buscábase blindar a chegada desta infraestrutura enerxética para o seu uso doméstico e industrial.
O acordo final, transaccionado co BNG, pide tamén acometer unha revisión co órgano competente do Estado do cumprimento do documento “planificación de los sectores de Electricidad y Gas 2008-2016. Desarrollo de las Redes de Transporte. Octubre 2007” para que as infraestruturas contempladas para Galicia desenvólvanse segundo os prazos previstos, así como tamén o despregamento das plantas satélites de distribución secundaria. De feito só a presión dos actuais responsables da Xunta de Galicia e, nomeadamente da Consellería de Industria, xunto coa ofensiva política despregada polo Partido Popular nos concellos desta comarca do norte lucense –que aprobaron nos seus plenos municipais varias mocións- lograron que o Goberno central cumprira a súa obriga de adxudicar o gasoduto mariñao, o pasado mes de setembro, un compromiso que se incumpría desde o ano 2008. “Agora é o momento de pedir axilidade, e que a rede poida despregarse nun horizonte temporal próximo, para que non sigan privándonos do gas natural”
Balseiro tamén significou que entre as múltiples vantaxes desta nova fonte de enerxía está que é moito máis barato que os combustibles empregados na actualidade; máis limpo, pois reduce considerablemente as emisións negativas para o medio ambiente; máis seguro, pois o gas natural non é tóxico, é inodoro, incoloro e un 65% máis lixeiro o que o aire o que permite que se disipe rapidamente diminuíndo a posibilidade de combustión; e máis práctico, pois pode ser distribuído a través de sistemas de tubaxe o que garante un servizo continuo e eficiente.




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



