Acércanse a eleccións municipais, e empeza a andar o rio revolto, non solo polo que chove, senón que partidos políticos, teñen celigras, andan polos bares, cacarexando non sei cantas cousas... Ler máis
18 pais de nenos que utilizan o Punto de Atención á Infancia do Concello de Cervo enviaron un escrito á Tesouraría Xeral da Seguridade Social para solicitar que ceda o uso do edificio da cas... Ler máis
A responsable local do BNG de Burela, Inma Orol, xunto cos concelleiros Xosé González Legaspi e Neves Cando, acompañados de Manuel Parga, presentaron o boletín informativo da formación nacio... Ler máis
Nota de prensa: Barcia considera que Gato “recoñeceu o amiguismo que impera na Deputación á hora de contratar traballadores” Lugo, a 8 de novembro de 2010.- O voceiro adxunto do Grupo provin... Ler máis
Nota de prena: Jesús Novo nega “rotunda e categóricamente” calquer vinculación coa Operación Carioca O Vicedo, a 8 de novembro de 2010.- O alcalde de O Vicedo Jesús Novo, ante a información... Ler máis
O BURELA MÍDESE AO FAVORITO PUERTOLLANO EN DUELO DIRECTO Por segunda vez na tempada reaparece a esgotadora xornada de Prata entre semana. Tras a incontestable vitoria ante o Zamora (5-1) e c... Ler máis
Deputación e concello explicaron aos comerciantes de Burela un programa que lles aforra 80 mil euros
Nota de prensa: Deputación e Concello explicaron aos comerciantes o programa personalizado que lles aforra 80.000 euros – O Alcalde de Burela, o director de formación do programa provi... Ler máis
O martes 9 de novembro, os escolares de 9 a 14 anos terán a oportunidade de presenciar no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián unha actividade enmarcada dentro do programa de dinamiza... Ler máis
Nota de prensa: O PROXECTO DE RECUPERACIÓN DA ANTIGA RUTA DO TREN MINEIRO ENTRE RIBADEO E VILAODRIZ ESTÁ A EXPOSICIÓN PÚBLICA. SUÁREZ BARCIA DESTACA A IMPORTANCIA QUE TERÁ PARA O TURISMO EST... Ler máis
Será no Teatro Pastor Diáz, ás 18 horas. O forno é un espectáculo musical de Commedia dell’Arte sobre a sociedade de consumo contemporánea destinado a todos os públicos. Ler máis
Nota de prensa: UNHA COMITIVA DE DA LOCALIDADE FRANCESA DE CONCARNEAU CHEGARÁ O XOVES A BURELA PARA ANALIZAR O POSIBLE IRMANAMENTO DAS DÚAS VILAS MARIÑEIRAS. Burela, 8 de novembro de 2010. O... Ler máis
Nota de prensa: ARRANCA A TEMPADA DE DEPORTE ESCOLAR PARA A BASE LARANXA A tempada de Deporte Escolar arranca esta fin de semana para sete dos equipos da base laranxa, entre benxamíns e infa... Ler máis
Nota de prensa: Na comparecencia do presidente da Deputación de Lugo ante a Comisión de Orzamentos do Parlamento, o deputado popular recordou que o bipartito provincial desenténdese dos inte... Ler máis
A CIG-Ensino convoca ao profesorado da Mariña a unha reunión informativa sobre o Real Decreto que vai regular o novo Concurso de Traslados e que entra en vigor xa para o concurso deste ano,... Ler máis
Nota de prensa: O CONCELLO ACOMETERÁ OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA RÚA DA CRUZ * Os traballos fanse ao abeiro do convenio subscrito na primavera pasada entre o Goberno local e o Ins... Ler máis
Nota de Prensa O cumprimento das débedas históricas permite o adelgazamento do Presuposto 2011 ata os 100 M€ – Gómez Besteiro destacou que só o traspaso dos hospitais provinciais ó SER... Ler máis
Nota de Prensa INCIDENCIAS DA 5ª TIRADA (CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO- Sábado, 6 NOVEMBRO 2010) -Tarde fria. -47 inscritos, 29 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina. Liga... Ler máis
Renovouse a executiva local de Novas Xeracións de Ribadeo Nota de Prensa Jacobo Río asume a dirección de Novas Xeracións en Ribadeo * A renovación da executiva celebrouse onte coa presenza d... Ler máis
Nota de Prensa O PP continúa as reunións nos barrios bureleses. O martes estarán na Vila do Medio e o mércores en Portelo e Circunvalación. Os populares expoñen o seu traballo no concello, a... Ler máis
Nota de Prensa O PP afirma que documentación oficial do concello corrobora o despilfarro e o descontrol no gasto. Afirman que se fan gastos sin existir cartos para os mesmos. Os populares as... Ler máis
Cheo no Molino de Ribadeo o pasado venres para gozar ao ritmo da música de Robert Ramírez. O de Elche non defraudou e interpretou Sick of love, ademais de dar a coñecer o seu novo traballo I... Ler máis
REFERENCIA A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alerta dun fenómeno adverso no mar de nivel vermello Afectará ao litoral do noroeste da provincia Coruña e a todo o litoral de Lugo Esp... Ler máis
Nota de Prensa No partido disputado este sábado ás 16:00h. no Pavillón Municipal de Becerreá, correspondente á sexta xornada da liga provincial sénior masculina o C.F.S. Cidade De Viveiro co... Ler máis
Nota de Prensa Castelarco Club de Tiro con Arco. Ayer día 6 se celebró en la localidad de As Pontes de García Rodríguez el VIII Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia de Tiro con Arco en... Ler máis
En la práctica pensé que ya había desaparecido porque llevo años sin ser convocado a ninguna asamblea; lo único que me confirma que la AA.VV Cruz da Venta existe es el recibo que pago por se... Ler máis
Nota de prensa: Últimos días para inscribirse en Burela co seu comercio, o 1º programa personalizado e gratuíto para a mellora do sector – Os comerciantes burelenses poden solicitar un... Ler máis
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz organiza un magosto o sábado 13 de novembro a partir das oito da tarde. Dita actividade levarase a cabo no patio do Colexio Público Nº 1 da localida... Ler máis
Nota de prensa: O PP detecta carencias medioambientais na zona de O Campón. Recollen queixas de veciños sobre abandono da área de autocarabanas. Os populares presentarán iniciativas no conce... Ler máis
Nota de prensa: ANTONIO VEIGA VISITOU O LUGAR ONDE SE UBICARÁ A NOVA PISTA DE PÁDEL, EN BURELA Con esta nova instalación, na cal se investirán 30.000 euros, complétase a oferta deportiva do... Ler máis
Nota de prensa: O BNG DE FOZ DEMANDA MEDIDAS DE CONTROL DE GASTO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL O alcalde incumpre co Plan de Saneamento aprobado no pleno de xuño de 2009 “De seguir así, non... Ler máis















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



