Nota de prensa
MENTRES O ALCALDE DE CERVO REMITE CARTAS DE AUTOBOMBO AOS VECIÑOS O SEU PARTIDO NEGA EN SANTIAGO INVESTIMENTOS EN CERVO
Villares malgasta cartos públicos para a súa campaña de promoción persoal obviando a situación económica do concello e as múltiples reclamacións por falta de pago de provedores
O PP dixo non ao dragado da presa de Rúa, non a vivendas sociais, non a unha gardería, non a investimentos no porto, non a actuacións no Castro da Atalaia
Cervo, 23 de decembro de 2010. O BNG de Cervo denunciou a utilización do alcalde de Cervo de fondos públicos para a campaña de auto bombo e promoción persoal que o Sr. Villares leva tempo facendo sen ter en conta nin a situación económica do concello nin as constantes reclamacións por falta de pago a provedores que seguen chegando á casa consistorial. Os nacionalistas poñen como exemplo desta campaña a remisión dunha carta de felicitación a tódolos cidadáns asinada polo alcalde na que, sen ningún reparo, Villares fai repaso dos seu bo facer e ten o descaro de reclamar a colaboración doutras administracións ao tempo que o seu partido pasaba a apisonadora a todas emendas presentadas aos orzamentos da Xunta para 2011 que impedirán múltiples investimentos no concello.
Os votos en contra do PP impediron o dragado da presa de Rúa, unha gardería, vivendas sociais, melloras no porto de San Cibrao ou actuacións no Castro da Atalaia.
Os nacionalistas non dubidaron en tachar ao alcalde de Cervo de “hipócrita político” xa que mentres pide nunha carta aos veciños e veciñas “colaboración das administracións para mellorar Cervo” o seu partido vota en contra desta colaboración no parlamento galego “tirando ao lixo calquera novo investimento en Cervo por parte da Xunta no exercizo 2011”. O portavoz municipal Xoán Estúa, non deixou escapar das súas críticas ao Tte. Alcalde e parlamentar, José Manuel Balseiro, “este señor di unha cousa en Cervo e outra en Santiago”, en referencia ao acordo da corporación cervense que reclamaba o dragado da Presa de Rúa “que foi negado por Balseiro en Santiago votando en contra da emenda presentada polo BNG”. Na mesma liña, o nacionalista, criticou a negativa do mesmo representante popular a apoiar a construción de vivendas sociais, unha gardería, melloras no porto de San Cibrao ou actuacións no Castro da Atalaia.
Villares non ten reparos e financiar unha campaña de promoción persoal a conta do peto de tódolos veciños e veciñas do concello
Os nacionalistas non pasaron por alto unha carta asinada polo alcalde que está chegando nestes días a tódalas casas de Cervo, coincidindo co reparto do almanaque anual, “Villares fai campaña persoal facendo propaganda a conta de fondos municipais que saen do peto de tódolos veciños e veciñas”, Para Estúa “a Villares so lle faltou pedir o voto para as municipais” polo que lle pediu tranquilidade e esixiu “menos propaganda e mais traballo” e lembroulle que “para esixir aos demais austeridade e esforzos hai que comezar dando exemplo e iso no goberno municipal que preside escasea”. O nacionalista dixo que Villares “ademais de facer uso indebido dos seus cartos, insulta a súa intelixencia” xa que algunha das actuacións que o alcalde se da súa xestión “levamos quince ou oito anos agardando por ela”, caso do subministro de auga e o saneamento, e outras como a residencia quíxose xestionar durante o anterior goberno galego e o seu goberno dende Cervo, negouse a facer avances na súa tramitación.
Os nacionalistas piden ao alcalde de Cervo “que se aplique o conto da austeridade” xa que mentres o seu goberno “gasta a maos cheas en propaganda e suculentos xantares hai provedores que seguen sen cobrar e reclaman con insistencia o cobro das débedas adquiridas polo concello”.



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



